Voltar
á páxina principal Biblioteca Escolar Inicio
CONVOCATORIA: “O MEU LIBRO FAVORITO”
Esta
convocatoria é para tódolos cursos de Educación Primaria do noso Colexio.
Imos premiar as clases e os alumnos que máis lean e farémolo seguindo
estes pasos:
|
|
√
Busca o teu libro favorito. Pode ser un libro teu ou da Biblioteca
do colexio. Non
perdas tempo e atopa o teu libro favorito. Tes ata o día 12 de abril para conseguilo. Se xa o tes, podes seguir
lendo, que quizais encontres outro aínda mellor… Esa e a maxia da lectura… Logo, só tes que conseguir que
a maioría dos nenos e nenas da túa clase lean o teu libro. Para iso terás que darlle publicidade. |
|
|
√
Do 13 de abril ó 10 de maio:
haberá unha exposición en cada clase con tódolos libros favoritos dos
seus alumnos. Empezará a funcionar a Biblioteca de Aula. Agora
tes que ler o maior número posible dos libros favoritos da túa clase. Atende ás presentacións que fan os teus
compañeiros dos seus libros e vai lendo os que máis che apetece ler. Ti tamén prepara unha boa presentación
para o teu libro para que lles apeteza lelo ós teus compañeiros. Sería estupendo que o teu libro fose o máis
lido da clase. |
|
|
√
Agora poderás ver os libros favoritos das outras clases de Primaria
do colexio. Estarán todos expostos
na Biblioteca Escolar do 11 ó 16 de maio. A túa clase e o teu libro
tamén terán o seu lugar reservado. Curiosea a ver se o teu libro tamén
é o favorito doutro neno do colexio. Tamén podes mirar se liches algún
dos libros expostos. |
|
|
√
Agora tes unha oportunidade
para ler os libros que non tiveches tempo de ler antes da exposición
da Biblioteca Escolar. Esta fase abranguerá dende o 21 de maio ó
14 de xuño. Ó remate, outorgaranse tres diplomas e premios: → Diploma e premio simbólico ó alumno máis lector da clase (o
que teña rexistrado maior número de lecturas de libros favoritos da
clase). → Diploma e premio simbólico
ó alumno co libro favorito máis lido da clase. → Diploma e premio dun lote de libros ó alumno máis lector de todo o colexio (coincidindo
co alumno con maior número de libros favoritos lidos entre tódolos alumnos
do colexio). |
A
entrega de Diplomas e premios coincidirá co Festival de Fin de Curso.
ÁNIMO E COLLE UN LIBRO XA!!!
Foz,
12 de marzo de 2007.
A Comisión da Biblioteca Escolar.
C.E.I.P. “O Cantel” (Foz)