PROGRAMA DE DEPORTE ESCOLAR
Inicio     Curso 2003-2004   Curso 2005-2006
 

                                                        "A VELA NA ESCOLA"

É unha actividade dentro do Programa de Deporte en Idade Escolar da Consellería de Familia, Xuventude e Deporte da Xunta de Galicia, con motivo da saída desde Galicia da Volta ó Mundo a Vela 2005-2006 Volvo Ocean Race, coa colaboración da Federación Galega de Vela.
Este programa ten como principal obxectivo aumenta-lo número de escolares galegos que coñezan e poidan practicar este deporte.
O programa está dirixido, entre outros, a alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria. A práctica da vela vincúlase directamente cas áreas de Educación Física e de Coñecemento do Medio, relacionándose tamén con temas transversais como a Educación Ambiental e a Educación para a Saúde, favorecendo, do mesmo xeito, a utilización activa do tempo de lecer.
Con esta actuación, preténdese máis que a simple introducción á vela; búscase o vincular ós escolares co Club Náutico do seu Concello, facilitándolles esa primeira toma de contacto para que poidan seguir desenrolando a súa práctica deportiva.
O programa desenvólvese por monitores de vela titulados, e conta co apoio loxístico da Dirección Xeral de Interior de Protección Civil, garantindo así tódalas medidas de seguridade necesarias.
Fases do Programa:
1. Embarcación no colexio: tres monitores desprazáronse ó Centro escolar cunha embarcación de vela (Óptimist), para que os alumnos puideran familiarizarse cos seus elementos. Desenvolveuse unha sesión en horario escolar.
2. Bautismo de Mar: na Ría de Ribadeo, os alumnos puideron, en dúas sesións realizadas en horario escolar, familiarizarse coa navegación á vela en tres embarcacións de ensinanza colectiva.

 

 
Accede ó album de fotos pinchando aquí
 
Antón Paz Blanco
Real Club Náutico Sansenjo

 

Campeón de España, clase Tornado, 2001.
Estivo presente e participou no Bautismo de Mar dos nosos alumnos.


Paracaídas

Disco

O departamento de deportes da Diputación Provincial de Lugo organiza para o curso 2004-2005 a Campaña Escolar "Deporte e Educación", polo que foron concedidas ó noso colexio as actividades de deportes alternativos (para todo o alumnado de Primaria), piragüismo (dentro das actividades na natureza) e tenis ( no contido de deportes), dirixidas estas dúas últimas ós alumnos de 3º ciclo de Primaria.    
A formulación deste programa xurde coa tentativa de dar solución a diversos problemas cos que se atopa o profesorado de Educación Física como a falta de recursos humáns, materiais e infraestructuras para o desenvolvemento dun sistema deportivo escolar máis completo.
Ata o momento, tivemos as actividades de deporte alternativo. A unidade didáctica de Piragüismo realizarase o 20 de abril (6º Primaria) e 21 de abril (5º Primaria); A de tenis levarase a cabo dende o día 25 de abril ata o 6 de maio en horario escolar.

 

DEPORTES ALTERNATIVOS
Floorball
Malabares
6º Primaria              5º Primaria
PIRAGÜISMO
Pincha nas fotos para acceder ó álbum correspondente
Outras actividades: tenis e piragüismo- Curso 2003-2004               
Piraguismo- Curso 2005-2006
TENIS