SAMAÍN 2006
Martes 31 de outubro
Exposición de cabazas     Cabazas Finalistas     Conto     Visitas á exposición     Inicio
 
 

        Recuperación do Samaín

Con esta actividade, pretendemos recuperar unha costume algo esquecida de tallar caveiras nas cabazas o día 31 de outubro. Esperamos que esta práctica se popularice de novo se todos colaboramos.
No noso colexio, organizamos un día especial, programando varias actividades:
- Exposición de cabazas na biblioteca do centro. Os nenos trouxeron cabazas moi orixinais a víspera e a participación foi enorme: máis de 70 cabazas!!!
- Elexir a cabaza máis lograda foi unha tarea imposible, xa que a calidade das obras foi moi alta. Por iso, decidimos elexir unhas cabazas finalistas e sortear entre elas a premiada. O gañador será galardonada cun diploma especial e a cabaza gañadora aparecerá destacada nesta páxina web.
- Animación á lectura cun conto relacionado coas cabazas: "Corre, corre, Cabaciña". Os máis pequenos do cole asistiron a presentación deste conto, no mesmo espacio que a exposición de cabazas, coas luces apagadas e as cabazas ilumninando o ambiente. Ninguén se asustou porque o conto foi presentado con anterioridade nas clases e os nenos encantoulles ver esta historia nunha pantalla xigante.
- Os cursos foron visitando a exposición, nun horario establecido e o día resultou moi aproveitado.
- O remate da xornada, cada neno recuperou a súa cabaza para poder disfrutar dela nesta noite tan especial que é a de Samaín, antecedente de Halloween.

 
   
   
   
   


Exposición de cabazas     Cabazas Finalistas     Conto     Visitas á exposición     Inicio