A
visita comenzou percorrendo a exposición adicada a explicar
dun xeito sinxelo e ameno o ciclo das árbores dende o seu plantamento
ata a súa corta, así coma os diferentes pasos de transformación
da
madeira. Logo fixemos obradoiros de sementeira (castaño de indias)
e estaquillado (acivro). Despois de xantar, demos un paseo polo
entorno da Aula, fixándonos nas diferentes árbores, paxaros,
niños...
De regreso á Aula, proxectouse un vídeo e fíxose
o xogo de
"Arca Forestal".