MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO

EDUCACIÓN INFANTIL

14 de abril 2005
Páxina principal visitas e saídas 2004-2005           Inicio














Pincha nas fotos
para velas
ampliadas
O Museo do Mar de San Cibrao (Cervo-Lugo) expón a riqueza biolóxica e etnográfica da vida mariñeira da costa lucense.
Nas visitas, os nenos poden coñecer as artes de pesca tradicionais, a caza da balea, ósos de mamíferos mariños, peixes disecados, cunchas europeas, asiáticas e americanas, corais, fósiles... En canto á navegación, entran en contacto coas ferramentas de carpintería de ribeira, maquetas de barcos, colección de cartas naúticas, sinais, áncoras e nudos.
No exterior do Museo, hai unha colección de áncoras e cañóns.