CURSO 2004-2005
Volver a Inicio


NADAL
Coma cada ano, tivemos un festival do Nadal, visita de Papá Noel e comida especial. No festival, participaron tódolos cursos dende Educación Infantil a Educación Primaria.








ENTROIDO

Houbo un desfile de comparsas, con escenificacións, no patio do colexio.
Á hora de xantar, compartimos ó típico cocido destas datas no comedor escolar.
Pola tarde, probamos as lambetadas de entroido, aportadas e elaboradas polas familias do noso alumnado.
Accede á páxina especial deste evento


MAGOSTO
19 de Novembro de 2004
Celebramos esta festa tradicional no patio do colexio, compartindo a celebración coas familias dos nosos alumnos.
Accede ó álbum de fotos

 
LETRAS GALEGAS
O venres 13 de maio, celebramos un festival con diversas actuacións: teatro, cancións, poesías, humor e unha homenaxe a Lorenzo Varela a quen se lle adicaron estas Letras Galegas.

Accede á páxina Especial Letras Galegas 2005

                              
FESTIVAL FIN DE CURSO
O mércores 22 de xuño, celebramos o festival de fin de curso. Ó remate, despedimos os alumnos de 6º de Primaria cunha cea no comedor escolar. O venres 24, subimos todos á Área Recreativa do Santo.

Accede á páxina, pinchando aquí