Como cada ano, celebramos o Magosto e, nesta ocasión, incluimos
unha actividade nova: a recuperación dun xogo tradicional moi popular:
o peón. Houbo exhibición de nenos especialistas e tamén
participaron pais e familiares.
|
 |
Aquí
podes visualizar tanto as fotos do Magosto coma o do baile do peón.
Para iso, pincha na foto correspondente.
Se
queres máis información sobre o xogo do peón, segue
lendo o que ven a continuación. ¡Anímate a practicar! |
|
 |
-
BAILAR NA MAN: consiste en tomar o peón bailante
na palma da man, introducíndoo entre o dedo furabolos e o medio.
Mantense así bailando na cunca da man o maior tempo posible. Ó
coller o peón deste xeito, comezará a campanear ou grañar,
pero cuns movemnrtos axeitados da man obrígaselle a virar dereito,
é dicir, "faise durmir".
- BAILAR NA UNLLA: consiste en facer
bailar o peón na unlla do dedo polgar. Para iso tómase do
chan subíndoo na unlla axudándose do dedo indicador. Hai
moitas maneiras de logralo e cada un debe procurar a súa.
- BAILAR Ó AR: mentres o peón
está a bailar, fáiselle un lazo coa piola ó redor
do ferrón (punta). Collendo a piola polos dous cabos, afíncase
cara arriba levantando o peón no ar. Logo hai que recollelo bailando
sobre a cunca da man, sen que chegue a caer a carón.
- O CARREIRO: lánzase o peón
con moita forza e cóllese sobre a cunca da man. Logo, acanalando
a palma e erguéndoa lixeiramente, déixase escorregar o peón,
bailando sobre o brazo ata chegar á xunta do cóbado. |