![]() |
O día 29 de abril, os alumnos de 5º e 6º de Primaria foron de excursión á Ribeira Sacra, visitando os seguintes lugares: Monforte, cañóns do Sil ( navegando nun catamarán), Castro Caldelas cunha visita guiada do seu castelo e mosteiro de San Pedro de Rocas, parando antes a observar o Sil dende o miradoiro de Cabezoá. Para rematar a viaxe, pasamos por Ourense e dende ese punto, iniciamos o camiño de volta a Foz. |
![]() |
||
Vista
dos cañóns dende o embarcadoiro |
Vista
dos cañóns dende o Miradoiro de Cabezoá |
![]() |
Durante a viaxe en catamarán, puidemos observa-las viñas en ámbalas dúas ladeiras (a da parte de Lugo e a da parte de Ourense). A dificultade de explotación destes viñedos explica que este tipo de viticultura se chame "heroica". Tamén puidemos observar a beleza da paisaxe e o resultado da erosión nas rocas do cañón. Se queres ver máis fotos desta parte da viaxe, pulsa aquí. |
![]() |
||
Subida
ó catamarán |
Ponte
da Veleda |
|||
![]() |
En Castro Caldelas, visitamo-lo castelo, subindo ás diferentes torres. No interior, tamén se pode ver unha exposición de antigüidades e información sobre o castelo. A guía contounos que dende unha das torres, pódese oir o Sil. Nos non o conseguimos pero se vades de visita, non vos desanimedes! Se queres ver máis fotos da visita ó castelo, pulsa aquí. |
![]() |
||
Torre
do castelo (Castro Caldelas) |
Exposición
de antigüidades |
|||
![]() |
No mosteiro de San Pedro de Rocas, o que máis chamou a atención foron as tumbas dos monxes. O día da visita foi un día de moita calor. O saír do mosteiro, baixamos á fonte para poder refrescarnos. Se queres ver máis fotos desta parte da viaxe, pulsa aquí. |
![]() |
||
Mosteiro
San Pedro de Rocas |
Baixada
á fonte |
|||