MAREA DA XUVENTUDE
Vigo: mércores 9 de novembro de 2005
3º Ciclo de Primaria
Inicio


Con motivo da saída dende Vigo da Volta ó Mundo a Vela, os alumnos de 5º e 6º de Primaria do Cantel, como parte do Programa "A vela na escola", asistiron a un acto de irmanamento deportivo náutico. A esta concentración, asistiron máis de 60 centros de toda Galicia, cun total duns 3000 nenas e nenos para dar a benvida ós participantes españois do velero Movistar.


A saída en autobús dende Foz foi ás 9.30 da mañá, aínda que nos retrasamos un pouco. Ó chegar a Vigo, baixamos na Praza do Rei, onde os organizadores lles deron a cada un dos nenos unha bolsa con comida e material. Cada centro iba distinguido cunha pancarta onde constaba o seu nome e orixe. Despois de comer na praza, os nenos elexiron un lema para o evento: "A paxión das velas é o mar". Colocaron a frase nunha camiseta que tivemos que entregar ós organizadores. Mentras esperábamos a hora de baixada, houbo uns grupos de animadores simulando diferentes persoaxes do mar.
Ás 3.30, iniciamos a baixada á Dársena da Laxe a través do Casco Vello, Porta do Sol, Carral e a Estación Marítima, acompañados pola Policía Local e outros corpos de seguridade. A baixada foi unha marea xigantesca e na explanada da dársena, xuntámonos cos alumnos que fixeron a viaxe en tren. Ali tivo lugar o acto de benvida das autoridades e o sorteo de tres equipos informáticos. ¡Emoción!...¡ Tocounos! O primeiro en ser nombrado foi o colexio do Cantel.
Ata as 18.30, tivemos unha visita libre ó Village (conxunto de carpas dos patrocinadores) e acceso a algún barco. O máis solicitado foi o velero sueco Göteborg.
Finalmente, despois de recoller a bolsa de comida, subimos ó autobús que nos levaría de regreso a Foz. Estábamos cansos pero contentos por pasar un día tan agradable.


Se queres ver as fotos pincha nas que están abaixo.
Ver fotos   Ver fotos   Ver fotos

Chegada á Praza do Rei
 

Na explanada do porto

Volver a Inicio
 

Visita ó velero Göteborg e ó Village