
O PARQUE NATURAL DO INVERNADEIRO |
|
LOCALIZACIÓN
¿QUE É?
É un Espacio natural montañoso situado ó sur do macizo central na provincia de Ourense, entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, formado polas Serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o Macizo Central Ourensano, con altitudes entorno ós 1000-1600 m, situadas no termo municipal de Vilariño de Conso. No suroeste da provincia de Ourense, entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, atópanse os Montes do Invernadeiro con altas montañas de cumes cobertos de pastos, mostranse nas súas pinas abas grandes extensións de queirugais que, en chegando ás ribeiras dos ríos, ceden o protagonismo ás fragas e soutos fluviais nos que a vida bule de forma sorprendente. Aquí e alí, escuras e espalladas manchas de piñeiros recordan a que foi a árbore predominante no pasado. A fauna que ten aquí o seu fogar, asombra pola súa riqueza e adaptación ó medio, o que proporciona uns grandes valores naturais, que no seu conxunto crean unha paisaxe dunha beleza única. A Aula da Natureza do Invernadeiro atópase na Ribeira Grande, un lugar afastado e único para estudia-la natureza do espacio deste Parque Natural. O carreiro que leva ata ela xa é de seu o pórtico perfecto para entrarnos nos Montes do Invernadeiro. HISTORIA
¿QUE VER?
PATRIMONIO CULTURAL
|