
![]() |
|---|



2005
O Samaín e o Halloween son celebracións moi parecidas porque ambas teñen raíces celtas, de feito celébranse a noite do 31 de Outubro, a mesma data na que os celtas rendían culto ó Deus Samaín e ós mortos.
Este Samaín antigo era un ritual no que o pobo
celta situaba nos cruces de camiños caveiras de persoas mortas con velas
rudimentarias dentro
Para
asustar ós posibles inimigos que pasasen por alí. Crían que nesta noite se
comunicaban o mundo dos vivos e o dos mortos.
Hoxe
en día o Samaín celébrase só nalgunhas aldeas de cerca de Ferrol, na zona de
Cangas e pola Costa da Morte; e convertiuse nunha festa para nenos na que
vacían cabazas ás que lles dan forma de
caras arrepiantes, cortándolles a forma dos ollos, boca e nariz, e
colocándolles unha vela dentro.
En
canto ó Halloween, non é exactamente igual que o Samaín, senón que os
Americanos transformárono nunha festa popular
na que os nenos ó saír do colexio van de casa en casa disfrazados pedindo caramelos coa frase “Trick or Treat”, é dicir: “truco ou trato”.Ó anoitecer os rapaces e rapazas asisten a festas de disfraces moi similares ás nosas do Entroido.
![]() |
![]() |
|---|---|
![]() |
|
![]() ![]() ![]() |
|---|