|
O SUBSTANTIVO |
|
|
¿Que é o substantivo? |
É a palabra coa que nos referimos a seres vivos, lugares, obxectos ou sentimentos. |
|
Exemplos de substantivos |
Os nenos comen castañas asadas. María e Catuxa xogan ás canicas. O piñeiro está plagado de formigas. Para ir a Santiago hai que pasar por Padrón. |
|
Clases de substantivos |
Segundo o ser vivo, lugar, obxecto ou sentimento ó que se refire, o substantivo pode ser:
Substantivos comúns Refírense a calquera ser da mesma especie. Exemplos: can, home, nena, montaña, ría, ...
Substantivos propios Refírense a un ser determinado para distinguilo dos demáis. Exemplos: Negrín, Pedro, Amalia, Curota, Arousa, ...
Substantivos individuais Son os que en singular se refiren a un só ser ou obxecto. Exemplos: animal, árbore, abella, paxaro, ...
Substantivos colectivos: Son os que estando en singular se refiren a un conxunto de seres ou obxectos. Exemplos: rebaño, fraga. colmea, bandada, ...
Substantivos concretos Son os que se refiren a seres que podemos percibir cos sentidos. Exemplos: madeira, auga, porta, herba, cabalo, ...
Substantivos abstractos Son os que se refiren a calidades e sentimentos que non podemos percibir cos sentidos. Exemplos: felicidade, bondade, esperanza, alegría, ... |
| O xénero dos substantivos |
Os substantivos poden ser masculinos ou femininos
Os substantivos masculinos Refírense a seres humanos varóns, a animais machos e a nomes que levan diante o artigo o, un, os ou uns. Exemplos: Pedro, carniceiro, can, monte, ...
Os substantivos femininos Refírense a seres humanos mulleres, a animais femias e a nomes que levan diante o artigo a, unha, as ou unhas. Exemplos: Ramona, doctora, galiña, ría, ... |
| O número dos substantivos |
O substantivo pode estar en singular ou en plural
En singular cando se refire a un só ser Exemplos: vaca, árbore, estrada, estrela, ...
En plural cando se refire a máis de un ser. Exemplos: vacas, árbores; estradas, estrelas, ... |