|
|
SOFTWARE
Na aula de informática estamos utilizando diversos programas. Moitos deles
podemos conseguilos de balde. Aquí podes descargar unha pequena selección:
|
|
|
|
 |
Drawing for Children |
|
|
|
|
| Este sinxelo pero completo programa de
debuxo é o perfecto substituto do Paint de Windows para os máis
cativos, para realizar todo tipo de deseños básicos. Incorpora unha
interfaz de deseño moi intuitiva, cunha completa barra de ferramentas que a
través dunha serie de iconos danche acceso a todalas funcións do programa.
Entre outras cousas, podes facer debuxos a man alzada con lapis, rotulador
ou sprai, debuxar formas predefinidas, inserir campos de texto de diferente
deseño ou facer uso dunha das decenas de imaxes predeseñadas incluidas na
aplicación. |
 |
|
Para poñer o programa en galego:
1º) Instala o programa orixinal en ingles que podes descargar
dende
aquí.
2º) Instala o parche en galego que podes descargar dende
aquí.
|
|
|
|
|
 |
Caderno de Mates |
|
|
|
|
|
O Caderno de Mates intenta aproveita-la
motivación que xenera o uso dos ordenadores no alumnado para exercitar
mecanismos de numeración e cálculo, a miúdo, tediosos e, sempre,
consumidores dun tempo precioso que queriamos adicar a actividades de
investigación, de razonamento, de descubrimento matemático. É, pois, como dí
o seu nome, un caderno. Non ten mais pretensións.
|
 |
|
|
Para baixar a
versión 5.0 preme
aquí. Tamén podes descargar unha
versión beta (de probas) da
6.0.
|
|
|
|
|
 |
Problemáticos |
|
|
|
|
Problemáticos é unha aplicación
educativa en contorno web feita co programa Hot
Potatoes por un mestre do centro que ten como
obxectivo fundamental o de achegar aos alumnos á
resolución de problemas matemáticos. Inclúe
actividades de ordenar números, repaso de táboas,
decidir a operación para resolver un problema,
elexir o plantexamento ou resolver mentalmente
problemas sinxelos. Recibiu o 4º Premio Siega na
convocatoria de 2003. |
 |
|
|
|
 |
Etnonet
1.0 |
|
|
|
|
Etnonet 1.0 é unha aplicación
educativa en contorno web feita co programa Hot
Potatoes que ten como obxectivo que os nosos
alumnos descubran a riqueza paisaxística da nosa
Comunidade. Amosa máis dun cento de destinos de
interese en Galicia. Ten dous niveis: Básico e
Avanzado. Recibiu un Accésit na convocatoria dos
Premios Siega 2004. |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
Etnonet 2.0 |
|
|
|
|
Etnonet 2.0 - Enciclopedia
Interactiva da Cultura Galega pretende
que os nosos alumnos e alumnas descubran a gran
diversidade cultural da Comunidade Autónoma na
que viven: Galicia. A aplicación consta de
120 propostas sobre a cultura de Galicia:
Os símbolos identificativos de Galicia, as
institucións, a gastronomía, flora e fauna,
historia, literatura, música, novas iniciativas
e tendencias,... |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
Vial-Test |
|
|
|
|
Vial-Test - Pretende que os nosos
alumnos e alumnas demostren xogando os seus
coñecementos sobre Educación Viaria. A
aplicación consta de 200 preguntas sobre
aqueles aspectos curriculares da Educación Vial
contidas nos DCB de Primaria e ESO,
estructurándoos en diferentes bloques: Somos
peóns, acompañamos ao conductor, andamos en
bicicleta, patín e monopatín, os nosos pais son
coductores, imos en autobús,... e polo tanto
temos que coñecer os sinais de tráfico que vemos
nas distintas vías públicas. Recibiu o Premio
á Innovación Educativa sobre a Educación Viaria
na convocatoria do ano 2005. |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
O magosto |
|
|
|
|
O magosto é unha Unidade Didáctica para
alumnos de Educación Primaria e ESO feita co
programa Hot Potatoes para traballar a
celebración do magosto en Galicia. Estudamos:
a castaña, o castiñeiro, variedades de castañas,
significado da celebración, e unha lectura
comprensiva titulada: "Un día de magosto". |
 |
|
|
|
|
|
|
 |
Coidamos o
cole, coidamos o mundo |
|
|
|
| "Coidamos
o cole, coidamos o mundo" é unha galería
de fotos feita por dous mestres deste colexio
sobre algunhas das actuacións medioambientais
que realizamos habitualmente. Consta dun total
de 76 fotografías e un texto que fai de fío
condutor. Foi recoñecido cun Accésit aos Premios
Siega na convocatoria do 2003. |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
Nature
Trail (1 xogador) |
|
|
|
| "Nature
Trail" é un programa para un xogador no
que terá que amosar o vocabulario que
posúe en inglés sobre termos
relacionados coa natureza. Utilizamos para
elo fotos do noso colexio, moi sensibilizado
polo Medio Ambiente. Con cada pregunta acertada,
a rá dará un salto. Gañamos cando non quedan
rochas a saltar e a rá ten que meterse na lagoa.
Está feito co software "proxecto Xogamos?"
recentemente premiado pola Consellería de
Educación. Pensada para alumnos do 3º Ciclo de
Primaria. Ten son. |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
Nature
Trail (2 xogadores) |
|
|
|
| "Nature
Trail 2 " é o mesmo xogo anterior pero
pensado para competir entre 2 xogadores.
Aquí unha rá amarela e unha rá verde compiten
para ver quen é quen de saír da lagoa e comer
unha mosca que está situada fóra. As preguntas
son as mesmas da aplicación anterior (polo tanto
en inglés e relacionadas coa natureza). Está
pensada para alumnos do 3º Ciclo de Primaria.
Ten son. |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
 |
O nome das
cousas (1 xogador) |
|
|
|
| "O
nome das cousas": Dora a
Exploradora quere chegar xunto ao seu
amigo Botas e para elo ten que
acertar cinco preguntas
correctamente sobre a letra na que comezan
unha serie de obxectos cotiás. Está pensado
para alumnos e alumnas de Infantil de 5 anos ou
1º de Primaria onde os nenos están iniciándose
na lectura. Está feito co software "proxecto
Xogamos?" . Moi recomendable aplicar na PDI
(Pizarra Dixital Interactiva) para o cal
o panel coas respostas está situado na parte
inferior da pantalla para que os nenos poidan
chegar facilmente. |
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|