SAN VALENTÍN

 

   
 

¿Que tal de vacacións de Nadal? ¿Portáronse ben os Reis Magos? Seguro que vos trouxeron moitas cousas e tamén algúns libros para ler no cole ¿non si?.

 

 

Na Biblioteca do cole estamos de REBAIXAS, si escoitáchedes ben "ESTAMOS DE REBAIXAS" e o noso lema é "VIAXANDO COS LIBROS NAS REBAIXAS". A oferta que vos ofrecemos é ler         2 x 1.

Durante o mes de xaneiro e ata o día 9 de febreiro, cada vez que visitedes a Biblioteca do colexio, podedes coller, para lelos na vosa casa, DOUS libros en lugar de UN.

 

 

 

 

Na entrada da Biblioteca aparecerá un acróstico coa palabra rebaixas. Estas letras formarán parte de diferentes libros que se atopan na Biblioteca.

¿Sabedes o que é un acróstico? Invitámosvos a que o averigüedes.

 

 

 

Na mesa de entrada da Biblioteca hai unha pequena exposición de libros que falan de Paz para que lles votedes unha ollada. Podedes facer unha pequena viaxe literaria por estes libros.