|
Biblioteca Castelao |
||
|
|
||
|
Neste curso a nosa Biblioteca continua na terceira fase do "Plan de mellora de Bibliotecas". Con tal motivo organízanse moitas actividades novas e outras que xa veñen sendo habituais deste espazo. |
|
|
|
|
¿Que tal este novo inicio de curso? Seguro que tendes moitos proxectos, inquedanzas, ilusións e incluso algún que outro medo...
|
|
|
Seguro que
xa tiñades ganas de recibir novas nosas ¿non si?. Pois nós tamén tiñamos
ganas de falar con vós. Estivemos cos preparativos: decorando a nosa biblioteca a tal fin. |
|
|
|
|
E xa chegou a hora, imos inaugurar a Biblioteca Castelao, a nosa biblioteca. E nós, coma tódolos anos, queremos facer algo especial, así que a partires do venres día 24 quedará inaugurada para este curso e xa podedes utilizala (para ler, para aprender, para contar e escoitar contos, para soñar, para levar libros para a casa, para participar nas actividads propostas, ...).
Sorpresa: ¡¡¡TEN PORTA NOVA, QUE MEDO!!!
|
|
|
O Rato Pérez, que escoita e ve todo as agachadas, díxome que andades un pouco despistados e confusos. Este ano non é Halloween nin o Samaín o que imos celebrar, non.
|
|
|
|
|
Este curso "¡IMOS LER DE MEDO!" Si tal e como escoitáchedes. "¡IMOS LER DE MEDO!" vai ser o tema en torno ao cal van xirar tódalas actividades que fagamos este curso no noso cole. Xa vos iremos informando de todas as novidades.
|
|
|
Castelao segue contando co seu axudante: O RATIÑO PÉREZ.
|
|
|
|
|
Os nenos continuarán coas súas CARPETAS DECORADASpor eles, (que este ano son novas), nas que irán gardando os libros que leven a súa casa cada semana para ler. Este ano hai xogos novos para o primeiro día, para facer coa vosa mestra e tamén un agasallo para a aula.
|
|
|
O alumnado tamén contribuiu a ambientar o colexio para tal evento |
||
|
|
|
|
|
|
||
| Un novo curso coas Maletas viaxeiras, que xa están preparadas para viaxar e percorrer os vosos fogares. A ver que cousiñas tan interesantes anotades no caderno de bitácora. |
|
|
|
|
Ánimo e xa sabedes... ¡IMOS LER DE MEDO!
|
|
|
|
||
|
|
|
|
| E por fin chegou o día 24 e todos nós empezamos as nosas actividades na biblioteca. E a Inauguración, vedes que susto nos levamos todos. | ||
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nos tamén sabemos dar medo. Fixádevos que Caras de medo temos todos. |
||
![]() |
![]() |
|
![]() |
||
|
|
|
|