INAUGURACIÓN

     
     
  Os nosos amigos Castelao e Rato Pérez xa nos botaban moito de menos. Non nos viran dende que acabara o curso pasado.

 

 

O primeiro día que nos tocou ir á Biblioteca fixámonos na decoración da entrada principal do cole, na das zonas cercanas á biblioteca e na da propia biblioteca. Con esta ambientación tratábase de crear un clima axeitado ao tema elexido. Este curso imos "LER DE AMORES": moitos libros, aventuras e actividades de amores.

     
 
   
 
     
     
     
  O Equipo da Biblioteca organizou, un ano máis, xogos que axudan a cońecer un pouco máis como funciona a nosa biblioteca
     
 
     
 
     
 
     
     
     
     
 

O noso alumnado disfrutará de novo das súas carpetas para levar á casa os libros de préstamo que elixan na súa hora de Biblioteca.

E da maleta viaxeira que xa están preparadas para recorrer os nosos fogares, durante unha semana, chea de contos, música, pelis e ilusións para ser a ledicia do noso alumnado e das súas familias.

Tamén teremos as follas "EU LEO", "EU INVESTIGO" e "EU COLABORO" para ir enchendo de selos Castelao que cambiaremos por europombais no mes de maio e con eles mercaremos libros na II FEIRA DO LIBRO DE OCASIÓN DO POMBAL.

     
     
     
     
 

Como novidade inauguramos as maletas  para o alumnado e as familias que visiten a nosa biblioteca os martes pola tarde

     
     
     
  Tamén inauguramos un novo punto de lectura para as revistas que forman parte dos fondos da nosa biblioteca