INAUGURACIÓN

     
     
  Os nosos amigos Castelao e Rato Pérez xa nos botaban moito de menos. Non nos viran dende que acabara o curso pasado.

 

 

   
 

O primeiro día que nos tocou ir á Biblioteca fixámonos na decoración da entrada principal do cole, na das zonas cercanas á biblioteca e na da propia biblioteca. Con esta ambientación tratábase de crear un clima axeitado ao tema elexido. Este curso "SEMENTAMOS LIBROS E RECOLLEMOS LECTORES": moitos libros, aventuras e actividades relacionados co medio ambiente.

     
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
  A porta da biblioteca tamén fai homenaxe o medio ambiente e o Ano Internacional dos bosques
     
 
     
     
  A Biblioteca tamén estaba decorada no seu anterior.
     
 
     
 
     
     
     
  O Equipo da Biblioteca organizou, un ano máis, xogos de formación de usuarios que axudan a coñecer un pouco máis como funciona a nosa biblioteca
     
     
 

O noso alumnado disfrutará de novo das súas carpetas para levar á casa os libros de préstamo que elixan na súa hora de Biblioteca.

E da maleta viaxeira que xa están preparadas para recorrer os nosos fogares, durante unha semana, chea de contos, música, pelis e ilusións para ser a ledicia do noso alumnado e das súas familias. Este ano cambia de contidos e os cadernos de bitácora botarán a súa andaina un ano máis.

 

 

     
 
     
     
  Os libros agasallo para as aulas son de temática relacionada coa natureza
     
 
     
   
     
  Este ano como novidade o alumnado de infantil disfrutará dunhas bolsas azuis especiais para levar as carpetas da biblioteca.
     
 
     
  Inaugúrase a biblioteca de forma moi doce.
     
 
   
   
   
  III ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES
     
     
  Os días 29 e 30 de outubro celebráronse en Santiago estes encontros.
     
     
 
   
 
     
 
     
     
  O día 30 ás 16:00 horas foi o turno para o noso centro. O panel de experiencia co que colaborou levaba por título
"Unha forma de implicar á comunidade escolar na formación dos lectores e das lectoras".