NOVIDADES EN XANEIRO

     
     
     
 
 

REBAIXAS

 
     
 
     Data de comezo

16 de XANEIRO

 
     
 
     Data de remate

30 de XANEIRO

 
     
   
 

Na biblioteca iniciouse dende o día 16 e ata o día 30 de xaneiro o período de REBAIXAS. A oferta que nos ofreceron é ler 2x1. Cada vez que visitamos a biblioteca nestas datas puidemos coller, para ler na nosa casa, DOUS libros en lugar de UN.

Na entrada da Biblioteca tiñamos un acróstico coa palabra REBAIXAS. Estas letras formarán parte de diferentes libros que se atopan na Biblioteca. Sabedes o que é un acróstico?. Invitámosvos a que o averigüedes.

 

 

 

 

 

 

 

     
     
     
     
     
  A PAZ
     
     
     
 

Este curso celebramos no cole "AS OLIMPIADAS DA PAZ".

O noso alumnado elaborou na súa aula medallas olímpicas de ouro e prata de barro con pombas e diversas pombas con forma de medallón de papel para lucir durante o noso acto no patio.

     
 
     
     
 

Na biblioteca fíxose unha exposición de libros e unidades didácticas sobre A PAZ.

     
 
     
     
     
 

Tamén elaboramos entre todos frases relacionadas co deporte e a paz facendo un acróstico con todas elas no que sairá a frase "AS OLIMPIADAS DA PAZ". Cada aula tiña unha letra deste acróstico para elaborar a súa frase. Cada curso ademais de decorar a letra que lle tocou fixo unha frase relacionada co deporte e a paz.

Cada ciclo elexiu unha frase célebre ou popular relacionada coa limpeza no deporte. Estas frases formarán un CALIGRAMA arredor dos aros olímpicos.

     
 
     
     
  Exposición de pombiñas con mensaxes de paz
     
 
     
 
     
     
  Máis mensaxes relacionadas co deporte e a paz.
     
 
     
 
     
     
     
  Como remate a este día cantamos todos xuntos no patio a canción "FESTA DO DEPORTE E A PAZ