|
NOVIDADES EN FEBREIRO |
||
|
I SEMANA DO CÓMIC A partires deste curso imos dedicarlle unha semana ao CÓMIC. Dende o día 1 e ata o 15 de febreiro puidemos adicalo a coñecer un pouquiño máis e mellor este xénero literario. Polas proximidades da Biblioteca tiñamos tres paneis numerados onde tiñamos unha pequena explicación do que é un cómic, unha viñeta, os bocadillos, ideaogramas, figuras cinéticas, ... Trátase dun PASEO INFORMATIVO SOBRE O CÓMIC. Foi moi interesante lelo e comentalo antes de entrar na Biblioteca. Nas mesas da Biblioteca atopabamos cómics para lelos e atopar neles as cousas que vimos nos paneis informativos. Tamén tiñamos fichas plastificadas para repasar de xeito oral a intención do falante cando usa os distintos tipos de bocadillos. Ademais nas aulas completáronse por grupos os bocadillos das tres follas propostas que formarán parte dun libro que se fará na Biblioteca. Tamén se poderán facer cómics individuales ou colectivos durante o curso para practicar o aprendido. Durante esta semana o alumnado pasará polos paneis de información sobre o cómic a aprender: que é?, tipos de viñetas, bocadillos, onomatopeias, ...
|
||
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
|
| Tanto o alumnado como o profesorado recibíu como agasallo un marcapáxinas cunhas tiras de cómic. | ||
![]() |
||
|
Tamén tivemos unha exposición de libros de cómic, coa colaboración das familias, na Biblioteca que todo o alumnado do centro puido visitar. |
||
![]() |
||
| O noso alumnado traballou en grupo localizando a información lida nos paneis | ||
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
|
|
O ENTROIDO
|
||
| A semana do 13 ao 17 de febreiro celebramos no cole O ENTROIDO. | ||
![]() |
||
| Na bibblioteca fixemos unha exposición de libros e unidades didácticas relacionadas co entroido: | ||
![]() |
||
| Un MECO moi deportista tivemos durante toda a semana. | ||
![]() |
||
![]() |
||
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
|
|
MARTES,
DÍA DE SAN VALENTÍN TRAE UN CORAZÓN QUE FAGA TILÍN. |
||
![]() |
![]() |
|
![]() |
||
![]() |
![]() |
|
|
O MÉRCORES
TERÁS QUE ESQUIAR E MOI ABRIGADO VIRÁS.
|
||
![]() |
![]() |
|
|
XA
ESTAMOS A XOVES, E COMO ERES CAMPEÓN LEVA COLGADO UN MEDALLÓN. |
||
![]() |
||
![]() |
![]() |
|
![]() |
||
| Disfrazámonos de temática relacionada cos deportes. | ||
![]() |
![]() |
|
![]() |
||
![]() |
![]() |
|
![]() |
||
![]() |
![]() |
|
|
VI
CONCURSO DE AMOR - AMIZADE E I CONCURSO DE PIROPOS |
||
| Declara-lo teu amor, confesa-los teus sentimentos, ..., todo por facer que a persoa que queres saiba que o é todo para ti. | ||
![]() |
||
| Podes ler a outros artistas namorados que tamén escribiron, ver moitos "bicos de cine" e observar o día de san valentín a través da publicidade. | ||
![]() |
||
![]() |
![]() |
|
| Tamén podes escoitar cartas de amor doutros nenos na radio da biblioteca. | ||
![]() |
||
|
O alumnado interesado en participar tiña que entregar a súa carta ou piropo, nun folio especial entregado na biblioteca, escrito a man e con letra moi clara. Coidar a presentación e a ortografía e deixala no buzón especial para esta data.
|
||
![]() |
||
| Tamén puideron facer o concurso "Cada ovella coa súa parella": cada deporte co seu símbolo. | ||
![]() |
![]() |
|