NOVIDADES  EN  XUÑO

     
     
 

VISITA A BIBLIOTECA NEIRA VILAS

   
     
  O alumnado de 3 anos visitou a Biblioteca Neiras Vilas e pasou unhas horas moi divertidas.
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
   
     
  MAGO NOEL

 

O alumnado de Educación Infantil recibiu a visita do Mago Noel, que fixo un trucos incribles!!

 
Aquí vos deixamos fotos dalgúns momentos. Quedamos sen palabras!!!
     
   
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
     
  XOSÉ BALLESTEROS

Visitounos este animador a todo o alumnado de 2º de primaria pola lectura de contos da Editorial Kalandraka

 

     
 
     
 
     
 
   
   
   
  MANUEL BRAGADO
 
O martes 4 tivemos o honor de recibir no cole a Don Manuel Bragado Rodríguez que compartiu cos máis cativos do cole o conto de "DoNa Carme".

 
Pero sen dúbida, a nosa grata sorpresa son as palabras que nos adica no seu blogue e das cales lle damos o noso máis sincero agradecemento.

 
"Ás nove da mañán fun contar Dona Carme ao alumnado de tres anos do Colexio Pombal do Calvario. Como acontece decote a experiencia foime gratificante, mais tamén saudosa. É unha marabilla comprobar que tras máis de vinte anos, Dona Carme continúa engaiolando aos picariños e picariñas pola eficacia do seu mecanismo acumulativo (roubado á tradición oral popular), que permite a conquista da súa memorización e promove a súa participación interpretando as voces de cada un dos animais. Nestas sesións con Dona Carme sempre atopo sorpresas. No Pombal descubríronme as posibilidades de aproveitamento matemático do texto, tanto para a aprendizaxe da numeración coma para sumar e restar. Quedei abraiado da facilidade coa que utilizaban este procedemento. Despois da proxección da peza que prepararon, a narración de Xoán e Hugo, despois de contarmos e cantarmos ben contados e cantados, asinei varias ducias de exemplares. Fíxeno coa atención e agarimo que merecía semellante oportunidade. Non podo evitar a emoción ao lembrala e agora ao escribilo. Para as crianzas do Pombal foi o seu primeiro libro, o seu primeiro tesouro atopado. Saín para a oficina máis feliz ca un cuco."