NOVIDADES  EN  MAIO

     
     
 

3ª FEIRA DO LIBRO

 

 

   
 

O alumnado e profesorado do noso centro, nos días previos, preparou os libros para a Feira.

     
     
 
     
 
     
 
     
     
  O día 31 de maio tivo lugar no noso colexio a III Feira do Libro de Ocasión.

 
Ao longo da mañá e comezando por Educación Infantil, o alumnado de todo o centro puido mercar os libros que estaban expostos nas distintas mesas (13 en total). 

 
Os prezos dos libros, para poder mercalos, variaban dunhas mesas ás outras (3, 5, 7 e 10 €pombais).

 
O alumnado, ao longo de todo o curso colaborou nas distintas propostas da Biblioteca (eu leo, eu colaboro, eu investigo) e a cambio obtivo €pombais, segundo o número de Selos Castelao conseguidos.

 
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou vendendo os libros, previamente expurgados, distribuidos por ciclos e selados, aos seus compañeiros.

 

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
   
   
   
     
 

TEATRO - INTERTEATRO

     
   
  O grupo de teatro "María Casares" representou a súa obra

"TRES PINGUIÑAS E UNHA AVENTURA"

con motivo da celebración do "ANO INTERNACIONAL DA AUGA"

no cole Saladino Cortizo

     
       
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
  Esta obra foi escrita por un dos nosos alumnos: Marcelo Sabín Lomba.

Posteriormente tamén se fixo unha representación para o noso alumnado:

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
   
     
     
 

VISITA Á BIBLIOTECA NEIRA VILAS

   
     
   

Os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria o día 23 de maio visitaron, dando un pequeno paseo, a

Biblioteca Xosé Neira Vilas.


 
Ao chegar recibiunos unha das bibliotecarias que foi a encargada de explicarlles o funcionamento e os espazos da biblioteca: prensa e revistas, novidades, zona de adultos, zona infantil, zona de ordenadores...

 
Despois xa na zona infantil explicáronlles que, unha vez fetio o carné da biblioteca que teñen moitos deles, poderían levar tres documentos, dos cales un poderá ser material especial (CD-audio, DVD, Blu-ray, etc). 

 
Tamén lles recordaron as normas básicas e as partes do "tejuelo dun libro", a medida que lles ía contando diversos tipos de libros: un conto, un libro de poesía, un libro de imaxes (banda deseñada), unha bibliografía...

 
Por último, despois de contarlles "O cadro máis bonito do mundo", axudaron a atrapar as manchas de cores escondidas pola biblioteca convirtíndoos, así como Joan Miró, en grandes pintores.
     
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
     
     
  INACIO

Recibimos a visita de Inacio para o alumnado de 2º de primaria, por xentileza da Editorial Consorcio.

 

     
 
     
 
     
     
     
   
 

GRUPO ATALAIA SOCIAL

Recibimos a visita deste Grupo para o alumnado de 2º de primaria, por xentileza da Editorial Everest.