NOVIDADES  EN  XUÑO

     
     
 

AN ALFAYA

 

 

   
 

Visitounos o día 6 de xuño de 2014. O alumnado de 6º tivo a oportunidade de falar e intercambiar impresións coa autora do libro "ZOA Y AZOR".

Fixeron traballos sobre os seus libros e elaboraron interesantes peguntas para saber un pouquiño máis da súa faceta de escritura.

Asinou o seu libro e o noso Libro de Honra.

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
     
     
 

DIPLOMAS VOLUNTARIADO

     
   
 

Entregamos un diploma ao alumnado de 5º e 6º que participou este ano no Programa da Consellería "VOLUNTARIADO DE LECTURA".

A súa labor e dedicación ao traballo da biblioteca foi moi importante. Dende o mes de novembro en quendas axudaron a realizar moitos dos traballos feitos na biblioteca: buscar fondos, etiquetar, selar, colocar carteis, montar exposicións, ...

Estamos moi agradecidos do seu traballo e bo facer.

Tamén os últimos venres de mes leron contos, poemas, ... ao alumnado de todas e cada unha das aulas do Centro.

     
       
     
 
     
   
     
     
 

GONZALO MOURE

   
     
 

O alumnado de 5º de Primaria asistiu a unha sesión de animación á lectura a cargo do autor Gonzalo Moure pola lectura do libro "Palabras de caramelo" da editorial Anaya. Foi un encontro moi especial. Intercambiaron opinións e contoulles a súa experiencia nos campamentos de refuxiados do Sáhara.