NOVIDADES EN FEBREIRO |
||
AUDIOVISUAIS |
||
|
||
Nun almacén anexo á biblioteca habilitamos unha zona de audiovisuais (DVD, VHS, Láser disk, diapositivas, láminas, cassettes, mapas, ...) para ter máis cerca todo este material. Anteriormente atopábase nunha zona de difícil acceso, polo cal decidiuse trasladalo e integralo nos fondos que forman parte da biblioteca. |
||
ANDEIS NOVOS |
||
A
Consellería enviou a segunda entrega de andeis novos para a Biblioteca.
En outubro foron para a zona de consulta e agora tocoulle o turno aos
fondos de lectura dende Infantil ata 2º ciclo, cómic, poesía, contos,
teatro, relixión, ... Queda pendente a chegada da terceira fase para a zona do 3º ciclo. |
||
SAN VALENTÍN |
||
Na semana do
10 ao 21 de febreiro celebramos
San Valentín convocando o: VIII Concurso de Cartas de Amor e Amizade e o III Concurso de Piropos. Participaron 113 alumnos e alumnas. Resultaron gañadores 37. As cartas e os piropos podían estar escritas en calquera das tres linguas (castelán, galego e inglés). Decoramos a entrada do colexio con paneis con modelos de cartas, bicos de cine e a publicidade nesta data especial. Castelao obsequiou a todo o alumnado cunhas piruletas de corazón. ¡¡¡Estaban amorosísimas!!!
|
||
Na
biblioteca entregamos os premios aos gañadores e gañadoras dos Concursos
de cartas e piropos. O agasallo foi moi especial. |
||
O ENTROIDO |
||
Na semana do
24 ao 28 de febreiro celebramos
O ENTROIDO. Na biblioteca estiveron expostas diversas Unidades Didácticas sobre esta festividade. |
||
O Meco propúxonos traer algunhas cousas tales como: | ||
O
luns
imos empezar cun bonito
antifaz repartindo alegría sen parar. |
||
O
martes,
que ilusión! con gorro saudamos ao noso anfitrión. |
||
O
mércores,
con xesto xentil,
traerás unha culler e un bonito mandil. |
||
O
xoves,
para o gran día pouco falta por iso moi elegante virás cunha bonita garabata |
||
O venres chega xa!!! todos pola rúa imos gozar!!! O alumnado do centro disfrázase coa temática das emocións:
|
||
INFANTIL ....................MIMOS | ||
1º CICLO.........................PAIASOS | ||
2º CICLO .............................EMOTICÓNS | ||
3º CICLO ....................MEDO |
||
O profesorado moi emocionado |
||
E animando a festa o grupo BARAFUNDA
|
||