NOVIDADES  EN  ABRIL

     
     
 

ABRAHAM CARREIRO

 

 

   
 

Os nenos e nenas de 3º DE PRIMARIA recibiron a visita de ABRAHAM CARREIRO.

Leron o seu libro titulado "ESTUDIOS TEX. UNHA AVENTURA DE DEBUXOS ANIMADOS"

Ademais de ter a oportunidade de preguntarlle polo seu libro, polos personaxes, a historia, ... a súa formación como ilustrador e autor, tamén fixemos un taller de cómic. Ensinounos unha técnica para facer mover a un personaxe utilizando un anaco de cartulina e unhas gomas de plástico.

Foi unha experiencia moi divertida e interesante.

O alumnado fixo varios traballos sobre o seu libro previamente a esta visita.

     
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
   
     
     
 

DÍA DO LIBRO INFANTIL

     
   
 

Para celebrar o día do libro infantil e xuvenil, CARLOS TRESANDI, pai de dous alumnos do noso centro levou a cabo unha sesión de animación á lectura usando os libros como fío conductor para facer unha actividade de maxia en toda regra.

Foi moi divertido este xeito de celebrar esta data tan especial.

Esta actividade levouse a cabo un martes pola tarde coa presenza de alumnos e alumnas, pais e nais.

Pola mañá nas aulas lemos a mensaxe deste ano que facela correspondeulle a Irlanda.

     
       
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
     
   
 

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

   
     
  Este ano a temática do SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA xiraba arredor da comida, da cociña, dos alimentos.

O lema escollido foi "COCIÑANDO CONTOS".

Aparte de visitar a exposición cos traballos feitos polo alumnos e alumnas de varios centros da Provincia de Pontevedra, asistimos a unha sesión de contacontos, un taller de cómic e outro de cheirar productos da horta.

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
   
 
     
 
   
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
   
     
     
     
     
 

PADRIÑOS LECTORES

     
     
  O dia 23 de abril, para celebrar o DÍA DO LIBRO fixemos unha actividade moi esperada por todo o alumnado e profesorado do Centro:

"OS PADRIÑOS LECTORES".

Entregados os papeis cos seus afillados, acordamos un día para ir a coñecelos e elixir as lecturas máis axeitadas aos gustos dos máis pequenos.

 

     
 
     
 
   
   
     
 

Na hora de ler do día 23 de abril os padriños e madriñas foron buscar aos seus afillados ás súas aulas e dirixíronse con eles á zona do patio que máis lles gustaba para lerlles un conto, un poema, unha historia, ... durante 20 minutos.

     
 
   
 
   
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
   
     
     
 

PASEO DA FAMA

     
     
 

En abril e para celebrar dun xeito especial o MES DOS LIBROS, preparamos unha decoración axeitada a tan importante efeméride.

Na entrada principal unha decoración que recorda o mundo do cine: cadeira de director, focos, flocos de millo e bebidas. O fondo era unha cidade berce de grandes actores e actrices... É o noso PASEO DA FAMA.

No camiño hacia a Biblioteca había unha alfombra vermella que recorda as grandes noites de estrenos de película.

Nun lateral hai colocadas varias estrelas cos autores e ilustradores galegos que nos teñen visitado nestes anos: AGUSTIN FERNÁNDEZ PAZ, ANXO MOURE, AN ALFAYA, FINA CASALDERREY, PEPE CARREIRO, ...

Nestas estrelas aparece a súa foto e unha breve biografía e bibliografía de cada un deles.

Tamén nos expositores aparecen os libros adicados destes autores que leron os nosos alumnos e alumnas.

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
   
     
   
     
 

ANXO MOURE

     
     
 

O día 11 de abril ANXO MOURE, autor de "A XACIA LUCIÑAS" visitou a nosa biblioteca para compartir co alumnado de 1º de Primaria un anaquiño do seu tempo. Todos quedaron moi ledos.