PREPARATIVOS

   
 

 

 

Durante os meses de setembro e outubro estivemos preparando con moita ilusión todo para a inauguración da biblioteca.

O lema escollido este curso é:

"LEMOS CADROS, PINTAMOS PALABRAS"

Coma tódolos anos decoramos a biblioteca e a entrada principal do colexio cunha temática acorde ao tema elixido: a pintura.

 

     
 
     
     
  Na entrada principal aparece o lema enmarcado nun gran marco. Acompañan ao lema varias pinturas  de diversos autores e épocas.

Cada aula, incluidos os especialistas, foi a encargada de decorar o marco de cada cadro.

Debaixo de cada un deles aparece o nome e autor da pintura.

Tamén temos unha figura de Castelao vestida para a ocasión: bata de pintor, paleta e pinceis.

Ademais unha mesa con varios obxectos relacionados coa temática: pinceis, pinturas, botes, atriles, paletas, estuches, pinturas, ... e varios caballetes con cadros.

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
   
  Na porta da biblioteca aparece un inmenso marco, coma si ao entrar nela entrásemos nun museo.

Decorando as fiestras o lema "LENDO CON ARTE". Cada letra corresponde a unha pintura moi coñecida.

Nas fiestras da biblioteca hai fotos dalgúns nenos e nenas do colexio cando estaban en infantil 3 anos pintando. Agora cursan 6º de primaria.

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
  Nun panel as nosas recomendacións: Lendo con arte.
     
 
     
     
  Nas mesas colocados por cursos e aulas de especialistas aparecen as carpetas dos alumnos, as maletas viaxeiras de cada curso e un libro agasallo para a aula (este curso trátase dun libro relacionado coa pintura)
     
 
     
     
  Nun dos expositores colocamos unha pequena exposición de libros relacionados coas matemáticas ( libros de lectura e de información) coma un guiño ao lema das Bibliotecas Escolares Galegas deste curso. (Biblioteca Escolar Matemático!!)
     
 
     
     
  Noutro expositor unha exposición de pinturas de autores impresionistas e un retrato de Castelao (autor que da nome a nosa biblioteca)
     
 
     
     
  Presidindo unha das mesas a nosa mascota: O Rato Pérez.
     
 
     
     
  Non  podía faltar coma tódolos anos un pequeno agasallo-doce. Trátase dunha paleta de pintor na que colocamos gominolas de manchas de pintura de diferentes cores.
     
 
     
     
  Na corcheira de fóra colocamos o lema deste curso acompañado    dalgunha das pinturas do cadro das "Meninas".
     
 
     
 
     
     
  Tamén colocamos expositores con fondos do colexio e particulares sobre a pintura (libros, guías, cds, láminas) ... e nos laterais un calendario con distintos cadros.
     
 
     
 
     
 
     
 
   
   
   
     
 

INAUGURACIÓN

     
     
 

Coma tódolos anos o primeiro martes pola tarde que estivo aberta a Biblioteca para as familias, grazas a colaboración dun pai do centro, CARLOS TRESANDI,  fixemos unha sesión de contacontos. Asistiron varios nenos e nenas acompañados dos seus pais e nais.

Nesta sesión algúns dos espectadores (alumnado e familiares) participaron interactuando co contacontos.

Moitas grazas a todos e todas.

Rematou a sesión cun pequeno agasallo: unha gominola.

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
  Conta atrás para o día da inauguración
   
 
     
     
 

Castelao por medio dunha carta invitou ao alumnado e profesorado a visitar a Biblioteca para ver a decoración, recoller as súas carpetas e maleta viaxeira, asi coma un agasallo para a súa aula e o doce para saborear.

Tamén a ANPA recolleu o seu agasallo e as súas gominolas.

 

 
     
 
     
 
     
 
     
     
     
 

REUNIÓN II QUEDADA LITERARIA

   
   
 

O día 29 do mes de outubro reunímonos na Biblioteca do noso colexio profesorado representante de cada un dos centros que o curso pasado participou na I Quedada Literaria para empezar a organizar a II ( Ría de Vigo, Chouzo, Frian-Teis, Pombal, IES O Castro, IES Carlos Casares).

E tamén como novidade este curso a Biblioteca Xosé Neira Vilas.

 

     
 
     
  Despois do traballo feito compartimos un café e unha torta de chocolate na sala de mestres.