FORMACIÓN DE USUARIOS

     
   
 

Como xa ven sendo habitual dende fai moitos cursos organizamos unha sesión de Formación de Usuarios con cada unha das aulas. Dúas mestras do Equipo de Biblioteca son as encargadas de levala a cabo (unha dende Infantil 3 anos ata 2º de Primaria e a outra dende 3º a 6º de Primaria).

Fixemos xogos, fichas, actividades LIM, lemos contos e visualizamos vídeos relacionados con esta temática.

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
     
     
 

VOLUNTARIADO

     
     
  Contamos cunhas voluntarias especiais que nos axudan dende primeirísima hora da mañá
     
 
     
     
  Por segundo ano consecutivo acollémonos á iniciativa  de Voluntariado-A de Lectura, participando nas modalidades 1 e 2.

Nas fotos len e asinan os seus contratos coma voluntarios e comezan a axudar no traballo bibliotecario.

Entregamos un proxecto que foi aprobado polo Consello Escolar. As familias asinaron tamén os contratos.

No mes de abril haberá que mandar unha memoria con todo o proxecto desenrolado nestes meses.

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
     
 

MAGOSTO

     
     
 

Na biblioteca estivo posta unha exposición de diversos materiais relacionados co Magosto (libros, unidades didácticas, artigos de xornais, ...)

 

     
 
     
  O 14 compartimos unha xornada de xogos e degustación de castañas.

As caixas deste ano estaban decoradas coa temática elexida: a pintura.

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
     
     
 

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES (Santiago)

     
     
 

Este ano 4 mestras integrantes do Equipo de Biblioteca asistimos a estas xornadas tan interesantes coma sempre. Este ano o nivel dos distintos ponentes foi moi alto.

Compartimos experiencias doutros centros e tamén os momentos das comidas.