NOVIDADES EN MAIO |
||
IAGO |
||
|
||
O alumnado de 1ºe 2º contou cunha sesión de animación a cargo de Iago pola lectura duns libros da Editorial Anaya-Xerais. O conto elexido fixo as delicias do público asistente. |
||
PREMIOS DO CONCURSO DA PORTA DA BIBLIOTECA |
||
O 14 de maio foi a data elexidapara facer entrega aos premiados e a tódolos participantes no Concurso de "Pinta a porta da Biblioteca". Agradecer a todos a súa participación e a calidade dos debuxos presentados.
|
||
O xurado, formado por un mestre, un pai e un alumno. | ||
Deciciu no mes de abril que a proposta gañadora fora a de: MALENA LORENZO (5º A). Houbo dous accesit: PAULA BALLESTEROS (de Infantil 5 anos A) e PATRICIA RÚA (nai de Dylan Simoes de Infantil 3 anos B).
|
||
COCIÑANDO CONTOS |
||
As familia dalgún alumnado de infantil fixeron varias sesións de animación á lectura nos seus idiomas de orixe. INFANTIL 4 A O 13 de maio os pais de Liam e Thomas contaron o conto " The taste af the moon" na Biblioteca e logo na aula fixeron unha torta de Nutella e Obleas; deste xeito os nenos e nenas probaron "a que sabe a lúa". |
||
INFANTIL 4
B O día 26 de maio a nai de Rayan e Zine contou historias de Marrocos. Trouxo obxectos típicos do seu país ( roupa, vasos, instrumentos, ...) |
||
INFANTIL 4
B O día 29 de maio os pais de Ankur contaron Historias e costumes da India. |
||
II QUEDADA LITERARIA |
||
O 28 de maio celebramos no Parque de Castrelos a II QUEDADA LITERARIA. Esta quedada foi aplazada o día 14 do presente mes por mor do mal tempo. E unha actividade na que os protagonistas son os libros en galego e a lectura: lectura silenciosa, lectura compartida, merenda, intercambio de lecturas recomendadas e acto de clausura, no que cada centro amosa un anaquiño do seu traballo. Os centros participantes son: Teis-Frian, Chouzo, Carrasqueira, Ría de Vigo, O Pombal e IES O Castro. Este ano a Biblioteca Pública Neira Vilas acompañounos nesta experiencia. |
||