Biblioteca Castelao

   

TRAS AS PEGADAS DOS LIBROS, QUE AS SÚAS PEGADAS QUEDEN EN NÓS

  A nosa Biblioteca estivo ubicada en diferentes espazos ata o curso 2000-01, centrándose fundamentalmente nas Bibliotecas de Aula.

Foi neste curso debido a que xa os alumnos da ESO quedaron escolarizados no IES Castelao cando o Claustro decide reestructurar os espazos vacíos e crear esta aula para a Biblioteca.

Tamén constituimos un Equipo de Biblioteca formado por un grupo de mestras que adican horas de Disposición ó Centro para botar a andar este novo proxecto.

Na entrada o noso cole hai unhas pegadas no chan que se as segues lévante á Biblioteca. Os nenos e nenas pequenos encántalles seguir estas pegadas

 

   

 

Co tempo pasou a chamarse "Biblioteca Castelao" por unha iniciativa do Concello : "Pon nome a túa aula".

Co gallo do Mes do Libro dese curso inauguramos a nova Biblioteca dunha forma lúdica con sesións de animación á lectura aportadas polas editoriais.

Temos un Libro de Honra no que os diferentes animadores, autores e ilustradores, que nos visitaron dende aquel momento adícannos unhas verbas que gardamos como verdadeiros tesouros.

 

 

 

 

A finais do curso 2002-03 empezamos o proceso para a informatización da nosa Biblioteca instalando un ordenador na mesma e o programa BIBLIO.

No último trimestre do curso 2004-05 xa empezamos a rexistrar os libros nese programa introducindo ata finais de curso uns 300 libros.

Neste curso instalouse o Programa Meiga para a xestión da Bilioteca.

A nosa Dilixencia é o centro catalizador de tódalas actividades e exposicións de libros e material relacionado con cada unha das festas e conmemoracións celebradas no noso centro.

Na Biblioteca descubrimos mundos diferentes e novos amigos.

 

 

 

 

   

Dende logo non entendemos por Biblioteca a existencia dunha habitación na que hai uns libros gardados. Consideramos que hai unha biblioteca cando se usa, cando funciona, cando ten vida, cando os nenos e nenas poden ir a ela a utilizala.

Resulta evidente o decisivo papel que xogamos os mestres e mestras na creación e consolidación do gusto pola lectura.

Intentaremos facer posible a existencia de canles motivadoras que propicien o encontro cos libros e axudar a facer nacer en todos eles a necesidade de ler.

 

   

Temos aproximadamente uns 5.000 libros.

Tamén contamos con:

Un "Tendal de noticias": noticias sobre libros, escritores, feiras, editoriais, ilustradores, ...

Un Estante expositor para: contos feitos polos nenos e nenas do centro, a nosa revista "O LANZAL", outras revistas escolares, catálogos, últimas novedades, ...

 

 

Contamos cun sistema de préstamo de libros:

-- Préstamo ós alumnos: cada aula ten o seu ficheiro cunha folla por alumno no que se vai anotando os libros que colle cada un na  súa folla correspondente.

-- Préstamo ós mestres e mestras: Contan cun rexistro para o préstamo de libros para traballos de investigación dos alumnos nas súas aulas. E outro rexistro para préstamo de libros para o seu uso persoal.

-- Préstamo de libros externos: para pais/nais e antiguos alumnos/as os martes de 16,00 a 17,00h.

 

 

 
     

Arriba