Neste curso
4º, 5º e 6º iniciámonos como vídeo-palse falamos
directamente cos nosos pen pals. Tamén nos intercambiamos vídeos coas
nosas respectivas actividades de aula, eles en español e
gaélico-irlandés e nós en inglés e galego.
Ademais
compartimos o "Big Book" que realizamos cos nosos traballos sobre o
Esteiro do Miño do que os nosos pen pals recibirán unha copia e no que
nos axudaron a poñer o nome da fauna e flora en gaélico-irlandés.
CURSO 2009-2010
Levamos 4 cursos escribíndonos con nenos/as irlandesas
que están a aprender Español. Son nenos de 6 escolas Unitarias e con
eles ademais das cartas levamos a cabo un proxecto no que compartimos
un espazo intercultural que inclue novos idiomas, festas, costumes,
comidas....
POSTCARDS
FROM IRELAND
WREN DAY
Este ano
representamos a festa irlandesa do wren que quedou reflexada nun vídeo
que lle enviamos aos PenPals irlandeses.
Tamén
fixemos un libro bilingüe sobre UXÍO NOVONEYRA que tamén enviamos a
Irlanda
Ensinámoslle
aos nosos amigos quen era Uxío Novoneyra
CURSO 2008-2009
IRLANDA
Levámos 3 anos carteándonos con nenos-nas irlandesas
(cursos 4º-5º e 6º). Este curso melloramos a experiencia e puidemos
compartir con eles festas e celebracións. Este ano recibimos unha foto
de cada un dos nosos pen
pals,
e algún que outros agasallo. Nós correspondémoslle da mesma maneira.
Por este motivo conmemoramos o ano internacional das
linguas (2008) con eles. Enviámonos videos facendo actividades con este
tema, antes do Nadal.
Copartimos o día da paz e as nosas cartas enchéronse de
bos desexos.
E por último celebramos
"Saint Patrick´s day" , do
que sa sabíamos moitas cousas, pois os Leprechauns (Elfos irlandeses)
levan vindo ao centro 3 anos seguidos.
Compartimos as fotos dos
pen pals
Aquí os temos a todos na cortiza da aula de
inglés para que todos
puideran coñecer os pen pals de todos.