MES DO LIBRO 2005

     
 

"Os libros son os meus ollos máxicos" ( Manorama Jafa)

 

  Este é o título da mensaxe dirixida este ano a tódolos nenos e nenas do mundo que os nosos alumnos e alumnas leron, comentaron e debuxaron un cartel / cómic no que expresaban o que suxería para eles esta mensaxe.

Durante este mes entre outras actividades fixemos as seguintes:

  O Quixote

 

Ademais debido a que este ano celebrábamos o "IV Centenario da publicación da 1ª parte do Quixote" centramos a nosa atención neste libro e neste autor.

Cos traballos feitos polos alumnos de 2º e 3º ciclo sobre algunha aventura do "Quixote" e que foron presentados o concurso da ONCE, fixemos unha exposición no colexio.

Tamén en Educación Infantil fíxose unha Unidade Didáctica específica sobre "O Quixote".

 

   

Contacontos no colexio "Pombal"

 

 
A editorial EDELVIVES fixo unha sesión co alumnado de E. Infantil o día 17 de marzo.  
  Tamén os nenos e nenas do 1º ciclo de Primaria tiveron o seu día de Contacontos por parte da editorial KALANDRAKA.
 

 

 

   

Animación á lectura

ô Curruncho das verbas: os nosos alumnos de E. Infantil de 5 anos e os de 1º e 5º de primaria asistiron a distintas sesións de animación á lectura na Asociación de Veciños de Lavadores.

ô Biblioteca Pública Central: Na nosa visita ás súas instalacións as encargadas da Biblioteca fixeron que os nosos alumnos coñeceran estas dependencias dun xeito divertido e entretido a partir de contos, xogos, manualidades, ... Asistiron a visita os alumnos de 4 e 5 anos de e. infantil e os de 2º,3º e 4º de primaria.

ô O tren da lingua: nun percorrido de Vigo - Pontevedra - Vigo, os alumnos de 5 anos disfrutaron dunha viaxe en tren así como dunha sesión de contacontos.

     

Arriba