AS CLASES DE RELIXIÓN CATÓLICA

     
     
 

A consideración da área de Relixión e Moral Católica como un área máis do curriculo escolar, coa súa especificación de contidos e a súa didáctica apropiada, supón recoñecerlle na organización escolar un tratamento fundamental, un desenrolo curricular e académico sen descriminación algunha na actividade escolar.

 

 

A ensinanza da relixión aporta elementos relevantes para a consecución da formación plena e integral  que pretende a escola. Céntrase na persoa, promovendo valores (respeto, escoita, solidariedade, compartir, perdón,diálogo…) que contribúen a formar personalidades responsables, solidarias e libres.

 

     
 

A clase de Relixión non é:

  • Unha materia axena e extrana á escola, senón que corresponde a súa finalidade de promover ao desenrolo pleno da personalidade do nen@.

  • Non é unha ensinanza que deba limitarse aos Colexios de Iniciativa Social  y/o “relixiosos” nin que deba estar ausente da Escola Pública, nin que sea incompatible coa escola non confesional e o seu laicismo.

  • Non é unha materia obligatoria para tódo-los alumnos. (Liberdade de creencias).

  • Non é un espacio propio para adquirir ou expresar a fe relixiosa, rezar, aprender oracións… Non é nin un adoctrinamento nin unha catequese.