ENTRE NÓS, EN GALEGO

     
  "Entre nós, en Galego" é un concurso dirixido pola Dirección Xeral de Política Lingüística no que o noso colexio participa tódolos anos.

Participamos nos certames de: "Cartel e Lema", "Certame de Música", "Certame de teatro" e "Revista Escolar".

Da nosa participación no curso 2004-05 chegouse a máis dunha final e obtivéronse varios premios.

 

No certame de Música os alumnos de 6º de Primaria coa "Cantiga de Santa María" obtiveron o 3º premio a nivel provincial.

N concurso de Cartel e Lema participouse cun cartel por categoría obtendo o primeiro premio a nivel provincial e autonómico unha alumna de Educación infantil 4 Anos: Celia del Río.

No certame de teatro os alumnos de Audición e Linguaxe participaron coa obra de teatro "Oia, oia, camareiro", obtendo un accesit.

     
     

Arriba