Xa estamos no tempo de Entroido e o colexio, coma sempre, súmase a celebración destas festas de tanto arraigo na nosa comunidade.

Este ano é un tributo ó "Entroido tradicional": maruxiños, trapalleiros, merdeiros, mascaritas, ... Estes disfraces compóñense de roupa antigua, roupa de outros... para realizar un disfraz estravagante e singular.

Os nenos viñeron disfrazados da casa deste xeito, para formar unha comparsa no colexio onde lle engadimos un antifaz feito en cada clase e unha pancarta do grupo.

 Enche de ledicia e excitación ós rapaces.

 

 
  Nos días previos nas aulas traballouse con material bibliográfico sobre o Entroido, ademais da elaboración de textos (rimas, coplas, cancións, ...), os antifaces propios de cada ciclo e a pancarta da propia comparsa máis o guión para a presentación do desfile de comparsas.

Tamén se pediu a colaboración dos pais-nais no envío por escrito ó colexio dun relato onde nos contaran como vivían eles o Entroido cando eran nenos-as: de que se disfrazaban, onde xogaban, qué comidas especiais comían nesas datas, ...

A decoración da pista polideportiva e a confección do Meco correron a cargo da ANPA.

 

 
  O Meco, que este ano nos visita, foi dando ordes ó longo da semana. Estas ordes houbo que traelas feitas da casa e con materiais que xa tiñan.

Ordes do Meco:

Luns 31:  Algo na cabeza (lazo, flor, pano, sombreiro,...)

Martes 1:  Algo no pé (zapato decorado, un zapato de cada, ...).

Mércores 2: Algo na cintura (cinto decorado, lazada, ...)

Xoves 3: Algo no pescozo (paxarela chamativa, colares, garabata, ...).

Venres 4: Disfrazámonos na casa e continuamos no colexio co antifaz e a pancarta, para face-la comparsa.

 

 
 

As nosas comparsas:

E. Infantil: "Os cativos barulleiros"

1º Ciclo: "Os trangalleiros"

2º Ciclo: "Botelleiros do Pombal"

3º Ciclo: "Os turuteiros"

 

 
       
 

Para ver máis fotos

 
       
       

Arriba