Xa estamos no tempo de Entroido e o colexio, coma sempre, súmase a celebración destas festas de tanto arraigo na nosa comunidade.

Este ano o "slogan" do Entroido foi: "Unha marexada de disfraces": african@s, piratas do caribe, sambeir@s, cangur@s australianos, viking@s, holandes@s e surfeir@s

Os disfraces foron elaborados nas aulas con algunha colaboración dos pais-nais.

 Esta festividade enche de ledicia e excitación ós rapaces.

Nos días previos nas aulas traballouse con material bibliográfico sobre o Entroido, ademais da elaboración de caretas, antifaces propios de cada ciclo e a pancarta da propia comparsa.

 

 
  A decoración da pista polideportiva e a confección do Meco correron a cargo da ANPA.

 

 
  O Meco, que este ano nos visita, foi dando ordes ó longo da semana para ir traballando a cor dos aros alímpicos e o continente que representan. Estas ordes houbo que traelas feitas da casa e con materiais que xa tiñan.

Ordes do Meco:

Luns 20: AMÉRICAAlgo azul na cabeza (lazo, flor, pano, sombreiro,...)

Martes 21: ÁFRICA: Algo amarelo no pescozo (garabata, colar , ...).

Mércores 22: OCEANÍA: Algo verde nos pés (zapato decorado, un zapato de cada, ...)

Xoves 23: ASIA: Algo vermello no peito (corazón, lazo, flor, ...)

Venres 24: Disfrazámonos na clase e baixamos a pista coa pancarta, para face-la comparsa.

 

 
 

As nosas comparsas:

E. Infantil: "Tribu africana"

1º : "Os piratas do caribe"

2º: "Sambeir@s"

3º : "Os cangur@s"

4º: "Os viking@s"

5º: "Holandes@s"

6º: "Surfeir@s"

 
       
 

Para ver máis fotos

 
       

Arriba