Un ano máis celebramos no cole a tradicional festa do entroido. Foi o venres 16 de febreiro.

Os personaxes dos contos animaron este día:

"Elmer",        

 "O gato con botas",  

"Peter Pan",         

 "101 dálmatas",  

"O frautista de Hamelín" ,  

"Brancaneves e os sete ananiños"

   "Carapuchiña vermella"   

 "Alibabá e os corenta ladróns"

Os disfraces foron elaborados nas aulas con algunha colaboración dos pais-nais.

 Esta festividade enche de ledicia e excitación ós rapaces.

 

 
  A decoración da pista polideportiva e a confección do Meco correron a cargo da ANPA.

 

 
  O Meco, que este ano nos visita, foi dando ordes ó longo da semana para ir disfrazándose de personaxes  DOS CONTOS. Estas ordes houbo que traelas feitas da casa e con materiais que xa tiñan.

Ordes do Meco:

Luns 12:   Contos de maxia

Martes 13:  Contos de medo

Mércores 14: Contos de animais

Xoves 15:  Carapuchiña vermella

Venres 24: Disfrazámonos na clase e baixamos a pista para escenificar o noso conto.

 

 

 
       
 

Para ver máis fotos

 
       
       

Arriba