Esta é unha das festas tradicionais galegas que vimos celebrando no centro ó longo dos anos.

O XOVES 15 de novembro a partires das 12:30 horas celebramos a tradicional festa do MAGOSTO.

Levamos días traballando nas clases con unidades didácticas sobre a castaña e outros productos do outono para o seu mellor coñecemento.

Os alumnos elaboraron as súas propias invitacións para invitar a unha/un compañeira/o ao magosto.
 

 

 

 

 

De novo este ano trouxemos un castañeiro para que nos ase as castañas.
  Antes da degustación bailamos o "BAILE DA CASTIÑEIRA"

 

Despois cantamos a canción do "MAGOSTO MENTIREIRO" 
  E logo pasamos a degustar as castañas.

 

¡¡¡QUE BOAS ESTABAN!!!

 

 

 

 
   
 

Arriba