No mes de novembro réndeselle culto á castaña nesta festa da tradición popular galega. Os nosos nenos e nenas non faltarán a este dvertido costume.

Entre carreiriñas, berros e charlas irá transcorrendo a degustación deste froito típico de novembro.

O VENRES 7 de novembro a partires das 13:00 horas celebramos a tradicional festa do MAGOSTO.

Celebrámola reuníndonos no patio para bailar, cantar e degustar as castañas asadas por un forno da zona.

"IMOS COMER DE MEDO"

 

 

Nas aulas o noso alumnado ampliou os seus coñecementos sobre esta festa tan tradicional na nosa comunidade.

 

  Este ano preparamos unhas cestas especiais para comer as castañas, decoradas de medo.

Como contribución ao coidado do noso planeta reciclamos cartóns de leite para elaboralas.

 

O noso alumnado tamén contribuiu traendo castañas das súas casas. 
  Antes da degustación bailamos o:

 "BAILE DA CASTIÑEIRA"

 
   

Este é o baile da Castiñeira por diante e por detrás    estira,estira, estira a perna   encolle,encolle, encolle o pé.

Este é o baile da Castiñeira por diante e por detrás    estira,estira, estira a perna   encolle,encolle, encolle o pé.

 

 
 

Despois cantamos a canción:

"UN MAGOSTO DE MEDO" 

 
   

Agora que é o magosto (bis)                            imos come-las castañas, trailará (3 veces)

Este ano no magosto  (bis)                        ímolo pasar de medo, trailará (3 veces)

Meigas, trasnos e morcegos  (bis)              comerán con nós castañas, trailará (3 veces)

No castelo do Pombal  (bis)                             as pantasmas bailarán, trailará   (3 veces)

E na nosa biblioteca  (bis)                             rastros deles quedarán, trailará  (3 veces)      

Agora que é o magosto   (bis)                       imos come-las castañas, trailará   (3 veces)

 

 
  E logo pasamos a degustar as castañas.

 

¡¡¡QUE BOAS ESTABAN!!!

 

 

 

 

SE QUERES VER MÁIS IMAXES

     
 
   
 
     
     

Arriba