As vacacións de Nadal comezaron o día 23 de Decembro e remataron o 7 de Xaneiro.

O noso lema para estas festas é o "NADAL NOS CONTOS".

Os pasillos, as paredes, e as aulas da nosa escola vístense con murais e decoración típica navideña. Soan as panxoliñas e a ledicia e ilusión nótanse no ambiente.

 

 

O día 12 de decembro recibimos a visita do CARTEIRO REAL que veu a recoller as nosas cartas para as súas maxestades.
 

Na semana do 18 ó 22 nas aulas adicouse tempo á confección de:

 

%

Tarxetas postais.

%

Adornos para as aulas e os espacios comúns.

%

 

O personaxes do belén do colexio feito con contos.

%

Ensaio de panxoliñas.

%

 
 
 

Envío ós pais-nais dunha carta para que axuden ós seus fillos-as a facer algún adorno para decorar unha árbore de nadal no cole relacionado cos contos.

%

 

Fixemos unha tarxeta de Nadal para felicitar ós pais e nais o Nadal.

 

 

 

 
%
 

Belén do colexio: con personaxes elaborados sobre un conto.

 

 

 

  Como remate do primeiro trimestre o venres 22 de decembro celebramos a FESTA DO NADAL para os nenos e nenas do centro. Rememoramos no centro a tradición de CANTAR OS REIS POLAS PORTAS neste caso DAS AULAS e a cambio os cantores recibían un pequeno AGUINALDO.

 

   

Programa de CANTOS DE REIS:

 

 

 

 

 

º   Alumnado de 1º canta "Veo, veo" ao alumnado de 3º

º  Alumnado de 3º canta "Dinosaurios no Nadal" ao alumnado de E. Infantil 4 anos

º Alumnado de E. Infantil 4 anos canta "Buscando Papá Noel" ao alumnado de 6º

º    Alumnado de 6º canta "Dinosaurios no nadal" ao alumnado de 2º A

º Alumnado de 2º A canta "Veo,veo" ao alumnado de E. Infantil 3 anos A e 5 anos A

º Alumnado de E. Infantil 3 anos A e 5 anos A canta "Buscando a Papá Noel" ao alumnado de 5º

º Alumnado de 5º canta "Dinosaurios no nadal" ao alumnado de E. Infantil 3 anos B e 5 anos B

º Alumnado de E. Infantil 3 anos B e 5 anos B canta "Buscando a Papá Noel" ao alumnado de 4º A

º Alumnado de 4º A canta "Dinosaurios no nadal" ao alumnado de 2º B

º Alumnado de 2º B canta "Veo,veo" ao alumnado de 4º B

º Alumnado de 4º B canta "Dinosaurios no nadal" ao alumnado de 1º

 

Despois de cantar os reis recibimos a visita de Papá Noel nas nosas aulas.

 

E non podía faltar, o ANPA pasou pola morada dos Reis Magos e recolleu uns agasallos para nós que deixaron a carón das nosas árbores de nadal.

 

Tamén tivemos unhas fantásticas festas nas aulas

 

E o noso alumnado de Educación Infantil celebrou o seu primeiro Fin de ano no colexio. Non faltou de nada, campanadas, uvas, cotillón e como non festa rachada.

       
       
     

Arriba