O Nadal é unha das festas das máis antigas da humanidade. Encerra moitas tradicións que, por costume, repetimos ano tras ano. Con nós vas a redescubrir a maxia do Nadal a través das súas tradicións.

Típicos de NADAL son os elementos ornamentais coma: árbores, estrelas, beléns, pero tamén outros acontecementos como a chegada de Papá Noel, a celebración de Fin de Ano ou a visita dos Reis Magos.

Todas estas tradicións foron recollidas no noso centro e celebradas como se merece.

O noso lema para estas festas é  "VIAXAMOS NO NADAL" seguindo ó lema da nosa Biblioteca para este curso "Viaxamos polo mundo dos libros"

As vacacións de Nadal comezaron o día 22 de Decembro e remataron o 7 de Xaneiro.

  Os corredores, as paredes, e as aulas da nosa escola vístense con murais e decoración típica navideña. Soan as panxoliñas e a ledicia e ilusión nótanse no ambiente.

 

 

 

   

Árbore de nadal: decorado con adornos feitos polos alumnos e alumnas de Infantil coas súas familias.

A partir dunha forma abstracta dada nas aulas tiñan que elaborar un adorno de nadal.

 

     
  O venres 21 de decembro celebramos a FESTA DO NADAL para os nenos e nenas do centro. De novo cantámolos reis polas aulas, visitounos Papá Noel, fixemos merendolas, celebramos o fin de ano en infantil e recibímolos agasallos dos reis para as nosas clases.

 

 

   
 
 

 
   
 

   

Os Cantos de Reis foron a disculpa perfecta para facer un día de alegría, de acompañamento e de ilusión. Grupos de nenos e nenas percorren as distintas aulas do colexio cantando panxoliñas, a cambio do seu cantar solicitan un aguinaldo, xeralmente en especie (chourizo, touciño, doces, lambetadas, ...) e despois todos xuntos disfrutan do aguinaldo facendo unha merendola.

 

 

 

 

º 3º cantará a Infantil 5 anos: "Dingui, dingui, din"

º Infantil 5 anos a 5º: "Os tres Reis de Oriente".

º 5º a Infantil 4 anos: "Noite de Paz" (frauta) e "No Pendello"

º Infantil 4 anos a 6º:"Os tres Reis de Oriente".

º 6º a Infantil 3 anos: "Noite de Paz" (frauta) e "No Pendello"

º Infantil 3 anos a 2º: "Os tres Reis de Oriente".

º 2º a 4º: "O pelo roxiño"

º 4º a 1º:  "Dingui, dingui, din"

º 1º a 3º: "O pelo roxiño"

 

       
 
¡¡¡AGUINALDO, AGUINALDO, AGUINALDO, AGUINALDO, ...!!!

 

       
       

Arriba