O Nadal é unha das festas das máis antigas da humanidade. Encerra moitas tradicións que, por costume, repetimos ano tras ano. Con nós vas a redescubrir a maxia do Nadal a través das súas tradicións.

Típicos de NADAL son os elementos ornamentais coma: árbores, estrelas, beléns, pero tamén outros acontecementos como a chegada de Papá Noel, a celebración de Fin de Ano ou a visita dos Reis Magos.

Todas estas tradicións foron recollidas no noso centro e celebradas como se merece.

As vacacións de Nadal comezaron o día 20 de Decembro e remataron o 7 de Xaneiro.

  Os corredores, as paredes, e as aulas da nosa escola vístense con murais e decoración típica navideña. Soan as panxoliñas e a ledicia e ilusión nótanse no ambiente.

Árbore de nadal: decorado e cheo de agasallos que trouxeron os Reis para as nosas aulas.

 

 

 

 

Postais para as nosas familias: este ano elaboramos as nosas propias postais para felicitar as nosas familias. Cada clase elaborou a súa.

 

     
  O venres 19 de decembro celebramos a FESTA DO NADAL para os nenos e nenas do centro. De novo cantámolos reis polas aulas, visitounos Papá Noel, fixemos merendolas, celebramos un pequeno festival en infantil e recibímolos agasallos dos reis para as nosas clases.

 

 

   
 
 

 
 

 

 

   

Os Cantos de Reis foron a disculpa perfecta para facer un día de ledícia, de acompañamento e de ilusión. Grupos de nenos e nenas percorren as distintas aulas do colexio cantando panxoliñas, a cambio do seu cantar solicitan un aguinaldo, xeralmente en especie (chourizo, touciño, doces, lambetadas, ...) e despois todos xuntos disfrutan do aguinaldo facendo unha merendola.

 

 

 

 

 

 

º 3º cantará a Infantil 5 anos: "A CAMPÁ QUE RESOA"

º Infantil 5 anos a 5º: "BUSCANDO UNHA ESTRELA".

º 5º a Infantil 4 anos: "CANON DE NADAL"

º Infantil 4 anos a 6º:"BUSCANDO UNHA ESTRELA".

º 6º a Infantil 3 anos: "CANON DE NADAL"

º Infantil 3 anos a 2º: "BUSCANDO UNHA ESTRELA".

º 2º a 4º: "OVOS E TORRESMOS"

º 4º a 1º:  "VINDE PICARIÑAS"

º 1º a 3º: "OVOS E TORRESMOS"

 

       
 
¡¡¡AGUINALDO, AGUINALDO, AGUINALDO, AGUINALDO, ...!!!

 

 

 

 

O festival de Educación Infantil as panxoliñas e as obras de teatro foron a disculpa perfecta para facer un día de ledícia, de acompañamento e de ilusión. Os nenos e nenas de infantil deleitan aos seus cantando pa compañeiros coas súas actuacións.

   
 

   
 

   
 

       
       
       
       

Arriba