Despois de investigar un pouco sobre o Nadal chegou a hora de coñecer as distintas cactividades que fixemos no noso cole para celebrar estas datas

Típicos de NADAL son os elementos ornamentais coma: árbores, estrelas, beléns, pero tamén outros acontecementos como a chegada de Papá Noel, a celebración de Fin de Ano ou a visita dos Reis Magos.

Algunhas destas tradicións foron recollidas no noso colexio.

O noso alumnado xunto coas súas familias claboraron na decoración do colexio para estas festas.

                                                     

 

  Os corredores, as paredes, e as aulas da nosa escola vístense coa decoración típica navideña elaborada polo noso alumnado en colaboración coa súa familia.

Soan as panxoliñas e a ledicia e ilusión nótanse no ambiente.

Árbore de nadal: decorado coas aportacións das familias.

     
 

     
 

     
 

     
     
     
  Postal para as nosas familias: este ano a postal estivo marcada polo concurso de "BUSCAMOS MASCOTA" convocado con motivo do 60 aniversario do centro, reflexando nela como portada a mascota gañadora de primaria e como contraportada a mascota gañadora de infantil
     
 

     
     
     
  O martes 22 de decembro celebramos a FESTA DO NADAL para os nenos e nenas do centro. Este ano visitounos o PAXE dos Reis Magos que pasou polas aulas e entregounos os agasallos dos reis, fixemos merendolas e celebramos un pequeno festival en infantil.
     
 

     
 

 

 

 

 

 

 

O festival de Educación Infantil as panxoliñas e as obras de teatro foron a disculpa perfecta para facer un día de ledícia, de acompañamento e de ilusión.

     
 

Os nenos e nenas de 3 anos interpretaron a Panxoliña "POLO NADAL"
     
  Os nenos e nenas de 5 anos B fixeron unha escenificación do Nacemento de Xesús e a cea da Nadal en familia coa chegada de Papá Noel.

     
 

Os nenos e nenas de 4 anos A cantaron a Nana "A RUN RUN"
     
  Os nenos e nenas de 5 anos A escenificaron o Relato "POR QUE ADORNAMOS A ÁRBORE"

 

 

 

 

Os nenos e nenas de 4 anos B interpretaron a Panxoliña "BUSCANDO A ÁRBORE DE NADAL"

 

 

 

 

 

 

   
 

 

 

       
       

Arriba