"OS LIBROS TAMEN FALAN DE PAZ"

 

 
  ¿E nós que poderíamos facer para ser mellores persoas?

¿Para respectar os compañeiros?

¿Para que desaparezan os seus medos e temores?

 

 
  O día 30 de xaneiro celebramos o día da PAZ, tomándoo como unha xornada de reflexión e de propósitos de cambio.
 

Os nenos e nenas  de infantil adicaron este día a reflexionar sobre os seus medos e temores.

Xa durante a semana as mestras léranlles o conto dos "Sacapenas".

Despois das sesións de charla coas mestras escribiron os seus medos en mensaxes que posteriormente colocarían nos murais de dúas grandes máns.

Estas mensaxes estaban escritas nuns sacapenas que eles mesmos pintaron e recortaron. Tamén adornamos con eles os pasillos de infantil.

Logo cada neno fixo o seu propio Sacapenas con material de reciclaxe, cartón e lá, para levar a súa casa como un amigo moi especial que lle axudará a perder os seus medos.

 

 

 

 

 

 

 

 

Os nosos nenos e nenas de Primaria tamén adicaron este día a reflexionar e plasmar plásticamente e por escrito as súas mensaxes de PAZ.

 

 

     
 

 

 

  Estes foron os nosos Sacapenas
       
 
Para ver máis imaxes  
 
       
       

Arriba