"ODIO POR AMOR"

 

 

O Día Escolar da Non Violencia e a Paz foi declarado por primeira vez en 1964, sendo recoñexido polo MEC en 1976. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto e os Dereitos Humanos, a non-violencia e apaz. Neste día os centros escolares convertímonos en instrumentos de paz.

Sen embargo, ó traballar continuamente estes conceptos non impide que exista unha data concreta en que o celebramos dunha forma máis especial.

 

O día 30 de xaneiro celébrase en todo o mundo o día da PAZ, celebrar este día supón ver os conflictos que hai ao noso redor, as causas e reflexionar sobre a maneira en que cada un de nós pode actuar e facer algo para que se resolvan ises conflictos.

 

Os nenos e nenas  de infantil adicaron este día a reflexionar sobre o que significa paz.

Despois das sesións de charla coas mestras escribiron os seus mensaxes.

 

O alumnado de Atención Educativa elaborou este sinxelo mural para expresar o seu sentimento de Paz.

 

 

 

Os nosos nenos e nenas de Primaria tamén adicaron este día a reflexionar e plasmar plásticamente e por escrito as súas mensaxes de PAZ que máis tarde escoitamos no patio do colexio.

 

 

   

   
 

   
   
  Como remate desta data todos xuntos escoitamos a  lectura de poemas e verbas en diferentes idiomas por parte dun grupo de alumnos e alumnas representando a cada aula do centro: PALABRAS PARA A PAZ.
     
  May your day be touched

by a bit of Irish luck,

brightened by a song in your heart,

and warmed by the smiles

of the peple you love.

                                                                     (English)

 
Escoitade meus amigos

como chora a pandeireta

porque moi lonxe de aquí

os homes están na guerra.

 

       

  Ó patio do meu colexio

 chegou a pomba da paz

e díxome que na guerra

as balas matando están.

 

 

Tiremos as pistolas,

xuntemos as nosas mans

que rematen as guerras

que todo sexa paz.

 

 

Cala, cala pandeireta

cala e non chores máis

porque as nenas e os nenos

imos conseguir ¡a PAZ!

                      (1º B)

       
     
 

O alumnado de primeiro A e primeiro B recolleron para o día da paz unha poesía moi sinxela

POESÍA DO DÍA DA PAZ

     
     
     
 

 

 

Arriba