"NO POMBAL SEMENTAMOS PAZ"

 

 

A formación para a paz, a cooperación e a solidaridade entre os pobos é unha das finalidades do noso sistema educativo. Día a día trabállase esto nas aulas pero tamén é necesario ter un día de celebración especial para lembrar a todos aqueles que todavía están nunha situación social que non é acorde con este lema.

É por tanto unha oportunidade para convertirnos en instrumentos de paz e de entendemento entre as persoas.

 

O día 30 de xaneiro celébrase en todo o mundo o día da PAZ, e este ano NÓS CELEBRÁMOLO O DÍA 28 DE XANEIRO.

 

Os nenos e nenas  de infantil adicaron este día a reflexionar sobre o que significa paz e a facer diversas actividades sobre este tema na aula.

Despois das sesións de charla coas mestras,facer unhas viseras de pombas e pintar diversas pombas escribiron as súas mensaxes en pombas da paz.

 

 

 

Os nosos nenos e nenas de Primaria tamén adicaron este día a reflexionar e plasmar plásticamente e por escrito as súas mensaxes de PAZ que máis tarde pasaron a encher as paredes das aulas e os diversos murais.

 

 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
  Todo o colexio estaba engalanado con diversos murais feitos por tódalas aulas do centro en conmemoración ao DÍA DA PAZ:

Como remate desta data todos xuntos no patio cantamos a canción  "O PROGRESO" e soltamos unha gran pomba con mensaxes de paz e solidaridade presas a varios globos para que viaxen as nosas mensaxes.

     
 

 

A CONTINUACIÓN PODEDES VER AS IMAXES

 

     
.

 

     
     
   

 

       

Arriba