Obradoiros de infantil magosto 2006

Este curso tódolos nenos e nenas de Educación Infantil rotaron polos talleres de: Conto, Plástica, Música e Xogos

 

"Obradoiro de Conto"

Neste taller unha profe contáballes un conto moi divertido

¡¡¡    Mira que atentos están !!!

os contos lidos foron:

   OS DEZ PATIÑOS DE GOMA   ED.KOKINOS

    A PRINCESA DO CAUREL       ED. OKO

 

"Obradoiro de Plástica"

Os nenos e nenas que pasaron por este taller confeccionaron entre todos un mural de outono para adornar o pasillo de infantil.

 

Utilizaron distintas técnicas como :palliñas, pintura de

dedo, recortado, collage........

 

 

"Obradoiro de Música"

Neste taller os nenos é nenas aprenderon a mover o seu corpo ó ritmo da música.

Tiñan que tratar de escoitar a música (a cal cambiaba de ritmo ) e dependendo do ritmo moverse ou ben adoptar un movemento ríxido de mans e pernas o un movemento flexible de todo o corpo.

Logo unha vez que relaxaron todas as partes do seu corpo aprenderon a coreografía do RAP do MAGOSTO .Para iso pintouselles na cara con carbón da queima das castañas e púxoselles unha gorra para comezar co ritmo do RAP.

"Obradoiro de Xogos"

Neste taller o alumnado tiña que realizar distintas probas de movemento ,salvar obstáculos ,pasar por debaixo de pontes ,andar con zancos......para poder chegar a meta sen problemas.

 

 

 

 

.

Arriba