A nosa biblioteca propuxo para este curso comprar dous contos para cada aula, un en galego e o outro en castelán, que estivesen relacionados co seu lema o medo, coma xa no segundo trimestre traballaramos co conto "EL POLLO PEPE" nós pensamos que un conto moi axeitado para este trimestre sería "LUME" da editorial xerais.

Este conto cumplía para nós dous obxectivos, por unha parte era un conto onde se reflexaba o medo, dado que tódolos animais do bosque tiñan medo a que a LAPA queimara o su bosque, e ademais nos servía para traballar o coidado do medio e o dano que poden causar nos bosques os incendios.

Tamén contamos coa colaboración da Editorial Xerais que nos obsequiou cunha animación sobre este conto feita polo GRUPO BABALUVA. Unha animación marabillosa e moi acorde cos nosos intereses dado que todos os personaxes (animais) da animación estaban feitos con material reciclado: abanos, xaboneiras, mopas, fregonas, restos de xogos, ...

   
   
   

Nas asambleas da clase comentamos con tódolos nenos e nenas o que sabían sobre o tema e a partires destes coñecementos construímos os coñecementos novos.

Nas aulas elabormos colectores para separar o lixo e reciclamos o lixo que xeramos cos traballos da aula e coas nosas merendas.

Elaboramos tamén o noso propio conto do ¡¡¡LUME!!! facendo primeiro as paisaxes con diveras técnicas plásticas; pincel, dedo, esponxa, ceras, rotuladores, ... e despois coloreamos os animais do bosque que se moven polo noso conto con velcro

 ¿¿¿Queredes ver o noso conto???

Eiquí tendes unha pequena mostra:

 

     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
 
     
     
     
     

 

 
CURSO 2004-2005

 
     
CURSO 2005-2006

 
     
CURSO 2006-2007

 
CURSO 2007-2008

 
     
CURSO 2008-2009

 
     
CURSO 2010-2011
 
     
CURSO 2011-2012

 
     
CURSO 2012-2013

 
     
CURSO 2013-2014

 
     
CURSO 2014-2015

 
     
CURSO 2015-2016

 
     
CURSO 2016-2017