|
LIBRO
|
|
| Xa chegou o outono e non será o mesmo sen a festa do MAGOSTO. O MAGOSTO é outra das festas populares galegas celebrada entorno a unha fogueira onde se asan as CASTAÑAS, báilase, cántase e cóntanse historias. Nós por estar nun colexio de cidade non temos fogueira pero sí un castañeiro que nos asa as castañas baixo a nosa atenta mirada e logo disfrutamos delas coméndoas e tiznándonos. Pero A CASTAÑA non só se utiliza para o magosto, tamén se pode comer crúa, cocida e formando parte de pasteis. É tan nutritiva que a recomendamos ao noso alumnado polos seus beneficios para a memoria. En todo isto pensou o noso Equipo da Biblioteca cando nos propuxo a idea de traballar nas clases sobre A CASTAÑA (adiviñas, refráns, trabalínguas, receitas, ...), e non só iso senón tamén darlle aos nosos traballos a forma dunha gran CASTAÑA. Pareceunos unha idea fabulosa e puxémonos mans á obra. Despois do noso traballo, e, como tiñamos moito onde elexir, recollemos algúns e fixemos con eles un gran libro. |
|
|
|
|