NORMALIZACIÓN  LINGÜÍSTICA
2008-2009

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O noso Equipo de Normalización Lingüística ven traballando dende fai varios anos en prol do GALEGO.

O seu obxectivo fundamental é potenciar o uso da lingua galega a través de actividades e programas. O longo dos anos as actividades realizadas son múltiples e variadas: exposicións, recollida de tradición oral, realización de semanas culturais, traballos sobre as letras galegas.

 

 
     
  ANO DAS LINGUAS

EMPEZAMOS O CURSO CELEBRANDO O ANO INTERNACIONAL DAS LINGUAS MINORITARIAS, CELEBRADO EN TODO EUROPA. ESTUDANDO A "CARTA EUROPEA DAS LINGUAS", INVESTIGAMOS A SITUACIÓN DALGUNHAS DESAS LINGUAS CO LEMA

"EU SON O MUNDO"

 

   
 
 

ESTE É BÁSICAMENTE O ESQUEMA QUE EMPREGAMOS PARA SABER MAIS DE OUTROS IDIOMAS 

 
     
 
 
  AÍNDA QUE FOI UN TRABALLO DIRIXIDO AOS NENOS-NAS MAIORES, INFANTIL COLABOROU, PINTANDO AS BANDEIRAS.

 

 
 

 
     
   
   
   
   
   
   
   
 
       
    Unido ao ano internacional das linguas, traballamos cos nosos penpals irlandeses (4º-5º-6º) xa que eles estudan en escolas que empregan o gaélico como lingua maioritaria (como se foran galegoescolas).

Pertenecen ao Rural irlandés, sendo algunhas escolas unitarias.

Prantexamos o traballo como algo intercultural. Aprendemos conxuntamente  trabalinguas en varios idiomas (Sobre todo castelán, inglés, galego e gaélico) e vocabulario en diferentes  idiomas, relacionados co pais de orixe dos penpals. Aqui estamos a ver o video con vocabulario en diferentes idiomas que nos mandaron con soporte visual de sombras, feitas polo alumnado irlandés.
 
   
   

Enviáronnos un video dun baile irlandés

   
   
A despedida do curso foi nos catro idiomas que empregamos
   
   
   
Estas son as 6 escolas Irlandesas coas que nos escribimos
   
   

e o mapa da península onde se atopan

 
       
 

 

 

 

 

 

 

 

  Entre as propostas deste Equipo estivo a de facer postais de Nadal por aulas para felicitar as familias

Estas son as postais que fixemos, cada aula unha, para felicitar ás familias no nadal

 

 

 
       
   

Tamén fixemos unha unidade didáctica en cada aula sobre

O AUTOR QUE DA NOME A CADA AULA

no caso das aulas de Primaria e o animal correspondente nas aulas de educación infantil todas elas en galego.

Ademais organizou en colaboración coa Biblioteca o visionado dunha recopilación de vídeos dalgúns dos persoeiros que dan nome as nosas portas.

 

 
    Nas aulas de E. Primaria temos a:
         
  María Castaño (1º A)   Luís Iglesias Iglesias (1º B)  
         
  Frei Martiño Sarmiento (2º A)   Xosé Luís Méndez Ferrín (2º B)  
         
  Ernestina Otero Sestelo (3º A)   Calo Iglesias (3º B)  
         
  Casto Méndez Núñez (4º A)   Maruxa Mallo (4º B)  
         
  Olimpia Valencia (5º A)   Álvaro Cunqueiro Mora (5º B)  
         
  Antón Reixa (6º A)   Xulia Miguillán Iglesias (6º B)  
         
  Rosalía de Castro (Sala de mestres)   Isabel de Castro e Andrade (Departamento de Orientación)  
         
  Fina Casalderrey (P.T.)   María Victoria Casares Pérez (A.L.)  
         
  Chano Piñeiro (Aula de Informática)   Daniel Castelao (Biblioteca)  
         
  Luis Seoane (Aula de Inglés)   Chus Lago (Ximansio)  
         
  Avelino Cachafeiro (Aula de música)      
         
 
       
   
   
   
 
    Nas aulas de Infantil temos en:  
       
   

3 anos A: AS BOLBORETAS

3 anos B: OS PARRULOS

4 anos A: OS ESQUÍOS

 

 

4 anos B: OS GOLFIÑOS

5 anos B: AS TARTARUGAS

5 anos A: AS XOANIÑAS

 
       
   

Outra das actividades foi a coordinación na elaboración da nosa revista escolar co lema

"SABEMOS DE MEDO. NÓS NON TEMOS MEDO A SABER MÁIS. O NOME DA MIÑA AULA É...".

REMATAMOS O TRABALLO QUE ESTIVEMOS A FACER DURANTE TODO O CURSO SOBRE O NOME DO PERSOEIRO DA NOSA AULA, E DÉMOSLLO A COÑECER AS FAMILIAS A TRAVÉS DO PERIÓDICO ESCOLAR: "O LANZAL" deste curso.

 
   

 
       
   
 
       
       
       
   

O Equipo foi o encargado de facer chegar a toda a Comunidade Educativa toda a información recopilada sobre a bibliografía e a obra deste galego ilustre. RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ.

Organizou unha Exposición, en colaboración coa Biblioteca, de libros da editorial Galaxia vinculados a Ramón Piñeiro.

   
   
   
   

Tamén se traballou nas aulas nun maior coñecemento do autor homenaxeado este ano a través das unidades didácticas  que chegaron ao centro para cada nivel educativo.

Algunha aula mesmo elaborou a súa propia unidade didáctica sobre RAMÓN PIÑEIRO.

 

 
       
    Aprendemos a biografía do persoeiro homenaxeado este ano coa pizarra dixital, xa que as nosos profes crearon un xogo da oca para que poideramos aprender xogando. Lembrade que este xogo está feito co programa Notebook e se queredes xogar con él tendes que telo instalado no voso ordenador

 

 
    XOGO DA OCA DE PRIMARIA   
       
    XOGO DA OCA INFANTIL    
       
   
   
   
 
       
   

Algúns cursos do centro participaron no correlingua

 
       
   
   
   
 
       
     

NA LINEA QUE O EQUIPO DE NORMALIZACIÓN VEN MANTENDO DENDE FAI VARIOS ANOS, APOIOU A REALIZACIÓN DE TEATRO EN GALEGO NO CENTRO. O NOSO CENTRO PARTICIPOU NO TEATRO INTERCENTROS, RECIBINDO E VISITANDO O COLEXIO DA "DOBLADA" que trouxo ao colexio 2 obriñas que disfrutou todo o alumnado.

 
       
   

 
       
   
   
   

Houbo, ¡Como non! entrega de diplomas ao final do acto.