|
ESCOLA SINSAL: MÚSICA ENLATADA |
||
| Esta
escola que realiza un obradoiro itinerante por algúns Colexios Públicos
de Vigo empezou o día
11 de maio
no noso colexio querendo achegar ata os máis pequenos un repaso
histórico pola evolución dos soportes musicais, dende o Fonógrafo ata os
recentes formatos comprimidos. Tamén tentou introducir ós nenos e nenas na edición musical por ordenador, usando software libre para que eles mismos poidan producir música tanto no colexio coma na súa casa. Foron 5 horas falando de música cos cativos de 6º. |
|
|
|
|
Un
grupo empezou vendo
vídeos sobre
Música Enlatada
que narraban o percorrido dende o Fonógrafo ata os discos de vinilo.
Falaron dos reproductores tradicionais: Fonógrafo, Gramófono,Magnetófono
e Xiradiscos. Viron os soportes de grabación: cilindros, cintas magnéticas,cassettes, discos de tódolos tamaños, cores, formas, ... Tamén falaron de músicos tan importantes como: John Cage, The Beatles, ... ademais de ver como se fai un disco de vinilo. Julio Gómez foi o encargado desta proxección. |
|
| O outro
grupo aprenderon como se
monta unha
cabina de picadiscos,
que é
un prato
e
unha mesa de picadiscos. Tamén houbo tempo para construir un disco personalizado tallando nun Cd os surcos cunha tesoira. Os Djs. Abel e Diego, do Colectivo Arkestra, foron os mestres de cerimonias. |
|
|
|
|
Despois
dun pequeno descanso empezaron a clase mestra de
edición
musical.
Usando software libre construimos unha canción: "La chica de ayer" de
Nacha Pop. Xa co tempo case rematado quixeron facer unha introducción ós VJs. "Picavídeos" con outro software libre de mestura de vídeos e unha mesa dixital. Este apartado foi desenvolto por Marco "Apenino" e a colaboración da mestra de música Susana. |
|