|
HISTORIA |
||
|
..
|
O feito de ter follas e froitos durante o inverno foi considerado DENDE SEMPRE como un símbolo da vida, xa que o acivro aguanta o esmorecemento do resto da vexetación durante esa estación do ano. Os
celtas
considerábanno unha árbore sagrada, con capacidade para atraer a boa sorte.
O costume de usar
pólas de acivro neste tempo do Nadal ven do moi antigo; as tribos xermánicas,
no comezo do inverno, puñan na entrada das súas casas, pólas de acivro. Tal costume foi estendéndose polo mundo chegando no século XVI ao continente americano coa invasión europea do mesmo. Hai moitos anos usouse a póla do acivro para acadar o amor dunha moza. Unha velliña explicaba o ritual: Cortámola a noite de San Xoán as 12 mesmo e a pasamos 13 veces por baixo das ondas do mar, rezando un credo de cada vez, e despois con ela tocamos a moza elixida. O candeeiro, de acivro, alumeaba a palloza. A falta de luz eléctrica obrigaba a utilizar elementos do medio para alumea-la vida no inverno. O candeeiro ou pasmón era unha póla do acivro longa e delgada enlazada cun pé. Nun extremo da póla prendíase o lume e ardía a modiño cunha chama semellante á dunha candea.
|